O Campionato de Europa de Tríatlon traerá a Pontevedra a máis de 40.000 visitantes e 2.000 triatletas

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, mantivo esta mañá unha xuntanza de traballo co alcalde do Concello de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández, para perfilar os últimos detalles do Campionato de Europa de Tríatlon que se celebrará en Pontevedra entre o 24 e o 26 de xuño. Na reunión tamén estiveron presentes o presidente da Federación Galega de Tríatlon, Francisco Villanueva, o deputado delegado de Deportes, José Enrique Sotelo, a concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, e o xerente da Fundación Deporte Galego, Javier Rico.

O principal motivo desta reunión era pechar o capítulo económico de colaboración por parte das institucións patrocinadoras. “Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra e Concello de Pontevedra asumirán o 95% do financiamento total”, manifestou o presidente provincial; o que significa “un investimento superior ó medio millón de euros”, apostilou Lores. Pola súa banda, Villanueva aproveitou para confirmar que “dentro desto Campionato de Europa terá lugar tamén o Campionato de España Universitario desta modalidade”. A maiores, Louzán fixo fincapé nos múltiples beneficios que reportará que este evento deportivo, “xa que non só é un fermoso espectáculo deportivo se non que vai actuar como un revulsivo para economía da provincia”. Isto é así por que esta actividade traerá á cidade preto de 40.000 persoas que durmirán, comerán e visitarán Pontevedra. Neste sentido “as inversións que as tres administración estamos a facer, teñen unha alta rendibilidade de retorno, porque o noso esforzo vaise ver sobradamente compensado con beneficios no eido da hostalería, restauración, turismo, etc.”, remarcou o cabeza da institución provincial.

 

Este evento deportivo congregará a máis de 2.000 triatletas que competirán nas categorías: júnior feminina e masculina, elite masculina e feminina, paratríatlon e relevos júnior e elite. En canto ó percorrido, se adiantou que a competición comeza na ponte dos Tirantes sobre o río Lérez e remata no Estadio de Atletismo do Centro Galego de Tecnificación Deportiva “se ben a semana próxima ofreceremos outra rolda de prensa para dar todos os detalles”, manifestou Francisco Villanueva. O que si se confirmou foi a realización dunha maratón popular para que todo o mundo sexa partícipe do evento, no que Louzán asegurou que vai participar.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: