O CONSELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE DESTACA QUE AS ACTIVIDADES DO PROXECTO TERRA CHEGARON A MÁIS DE 23.000 ESCOLARES, 2.000 DOCENTES E CASE 1.000 CENTROS DE ENSINO

Agustín Hernández recorda que o ano 2010 marcou un fito histórico en materia de paisaxe ao tramitar os dous documentos reitores da política territorial de Galicia: as Directrices de Ordenación e o Plan de Ordenación do Litoral

  • O conselleiro de Medio Ambiente salienta que no vindeiro curso promoverase unha nova actividade que son as visitas guiadas de arquitectura e cidade, co obxectivo de provocar unha vivencia máis directa do alumnado cos aspectos máis sensoriais e perceptivos dos espazos
  • Avanza que este proxecto de achegamento do urbanismo dará un novo paso coa elaboración de materiais para actividades relacionadas coa paisaxes e a sustentabilidade
  • Promoverase un intercambio territorial con alumnos da cidade de Guimaraes, con motivo da Capitalidade Europea da Cultura 2012
  • O representante do Goberno galego inaugurou esta mañá a exposición Dez anos do Proxecto Terra 2000-2010, organizada pola delegación de Vigo do Colexio de Arquitecto de Galicia
  • Medio Ambiente renovou un convenio de colaboración ata o ano 2013 co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia polo que se fai unha aportación 800.000 euros, divididos en 4 anualidades, co que serán un total de máis de 1,4 millóns de euros os investidos pola Xunta para desenvolver este proxecto

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, salientou esta mañá que o Proxecto Terra é unha iniciativa que xa chegou a máis de 23.000 escolares galegos, uns 2.000 docentes e percorreu case 1.000 centros educativos, é dicir, ao 100 por cento dos centros de educación primaria de Galicia. Así o expuxo esta mañá durante a inauguración da exposición Dez anos do Proxecto Terra 2000-2010, organizada pola delegación de Vigo do Colexio de Arquitecto de Galicia. Subliñou que o proxecto Terra tivo ao longo deste tempo un carácter pioneiro, xa que iniciou o esforzo de achegar ao alumnado galego as peculiaridades das nosas construcións, dos materias e das técnicas construtivas.

O conselleiro definiu esta iniciativa como un cobizoso proxecto cultural, recoñecido a nivel estatal e internacional, que hoxe constitúe un referente pedagóxico no achegamento á arquitectura e ao territorio,ao tempo que advertiu que tamén se trata dun proxecto dinámico, que non se estanca ni se instala na comodidade, senón que persigue unha renovación e progreso constante.

Novos obxectivos

O conselleiro Hernández avanzou que o Proxecto Terra avanzará na súa actividade e formulación, con novas actividades complementarias que se sumarán ás xa existentes, e que estarán dirixidas aos escolares de primaria.

A modo de exemplo, salientou a organización de visitas guiadas de arquitectura e cidade que serán ofertadas de xeito xeneralizado para o vindeiro curso e que se levarán a cabo nas sete grandes cidades de Galicia.

Explicou que, ao ser dirixidas a rapaces máis novos, búscase provocar a vivencia máis directa do alumnado cos aspectos máis sensoriais e perceptivos dos espazos.

Outras das iniciativas será rematar o material para o alumnado de Educación Infantil (de 4 e 5 anos) para proceder á súa edición e distribución. Tamén se elaborará novo material para o proxecto interdisciplinar do 1º ciclo da ESO, relativo ao Lugar onde vivimos. Con esta documentación preténdese complementar os contidos desenvolvidos con novas actividades e recursos sobre a paisaxe e sustentabilidade.

Por último, manifestou que se ampliará a oferta dos intercambios territoriais para a ESO. Ás actuais posibilidade de achegarse á Vila de Melgaço e á Área Metropolitana do Porto, no vindeiro curso poderase ir á cidade de Guimaraes con motivo da Capitalidade Europea da Cultura 2012.

Por último, o conselleiro de Medio Ambiente que a Xunta, na súa obriga de establecer e definir un marco normativo que resalte e respecto do territorio, aprobou o pasado ano as Directrices de Ordenación do Territorio e o Plan de Ordenación do Litoral, un ano que marcou un fito histórico en materia de paisaxe ao tramitar os dous documentos reitores da política territorial de Galicia. Destacou que a paisaxe e o urbanismo proporcionan un marco idóneo para a comprensión e análise do territorio, porque é un elemento fundamental da calidade de vida das persoas e porque debe ser un reflexo fiel da sociedade e do medio.

Principios

As ideas que vertebran o Proxecto Terra son a universalidade, globalidade, integración curricular, xeralidade, permanencia, diversidade, experimentación, interdisciplinaridade, vivencia e interterritorialidade.

  • Universalidade. Cómpre chegar ao conxunto da poboación para presentar os problemas básicos asociados aos lugares habitados e á ocupación do territorio.
  • Globalidade. O proxecto tenta involucrar a diferentes organismos interesados socialmente nesta problemática, tanto no financiamento e apoio á realización do plantexado como compartindo iniciativas e recursos. Neste senso, asináronse acordos con distintos concellos de Galicia e Norte de Portugal para ampliar a presenza do proxecto na vida cultural do país.
  • Integración curricular. A programación plantexa recursos educativos contextualizados á realidade da comunidade para completar ou substituír aos que na actualidade están a disposición de profesorado e alumnado. Todos os materiais foron elaborados por profesores do correspondente nivel educativo ao que ían dirixidos e previamente experimentados nas aulas.
  • Xeralidade. O Proxecto Terra distribuíu gratuitamente os seus materiais a todos os centros da ESO de Galicia e están en fase de reparto aos centros de Primaria.
  • Permanencia. O importante deste plan é que permaneza na área educativa, considerando que os protagonistas deben ser os profesores e os alumnos.
  • Diversidade. O obxectivo da citada programación é saber de onde se parte para intuír ata onde se pode chegar, polo que os contidos débense adecuar a cada nivel educativo.
  • Experimentación.Todos os materiais educativos foron experimentados previamente en centros colaboradores enmarcados en diferentes contextos.
  • Interdisciplinariedade. Este conxunto de múltiples visións dos espazos contribúen a facer máis completa a imaxe do país, concretamente do territorio.
  • Vivencia. O alumnado ten que poder vivir en primeira persoa os espazos e lugares que son obxecto do estudo para unha maior comprensión.
  • Interterritorialidade. Os recursos educativos están enmarcados no ámbito da eurorrexión de Galicia- Norte de Portugal.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas renovou un convenio de colaboración ata o ano 2013 co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) polo que se fai unha aportación 800.000 euros, divididos en 4 anualidades, co que fai un total de máis de 1,4 millóns de euros o investido pola Xunta de Galicia para desenvolver este proxecto.

Premio Nacional de Arquitectura e Urbanismo

O pasado mes de outubro de 2010 o Proxecto Terra, impulsado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, recibiu o galardón en materia de Urbanismo no Concurso Nacional de Arquitectura e Urbanismo. Este proxecto xurde no ano 2000 como iniciativa do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, ente que conta coa colaboración da Xunta de Galicia.

Outras institucións como a ONCE, TVE ou Nova Escola Galega asumiron compromisos fundamentais para o seu desenvolvemento. O plan está dirixido ás distintas etapas da Educación Obrigatoria co fin de contribuír á mellora da formación que os escolares galegos deben ter sobre espazos e habitantes dos mesmos.

 

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: