Noticias Ayuntamiento de Vigo – 02-06-11


Máis de 1.400 persoas participarán este sábado na 41 edición do Día da Muiñeira na Praza de Compostela

O concelleiro de Cultura en funcións, Xesus López, presentou este xoves a 41 edición do Día da Muiñeira e o XII Concurso de Enxalzamento do Traxe Galego, que se celebrarán o vindeiro sábado, 4 de xuño. O nacionalista sinalou que máis de 1.400 persoas participarán no acto central do evento, que terá lugar na Praza de Compostela ás 20.30 horas.

 


“Afinidades selectivas”, exposición na Casa Galega da Cultura

A Casa Galega da Cultura presenta a cuarta edición da exposición “Afinidades Selectivas 4” que reúne neste espazo a seis artistas que teñen en común coincidiren nalgún momento na Facultade de Belas Artes, uns como estudantes e outros como docentes. Pero, sobre todo, o que os mantén unidos é a práctica dunha arte, que desde a súa riqueza e complexidade excede o que como cultura visual nos vén dado no noso contexto cultural.

 


III Ciclo de Músicas Inmigradas: Uruguay

O Salón de actos da e-Trad programa para os venres 3 e 10 de xuño a segunda parte do Ciclo de Músicas Inmigradas adicado á música, danza e gastronomía tradicionais de Uruguay.Os Ciclos de Músicas Inmigradas que leva organizado a e-Trad dende o seu inicio teñen como fundamento dar a coñecer culturas foráneas á nosa da man de personas pertencentes a elas que, por unhas razóns ou por outras, trocaron o seu lugar de procedencia polo noso.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: