Archivo | junio 3, 2011

600 niños celebran el fin de temporada de las escuelas deportivas del concelo do porriño

Las calles peatonales del centro urbano están convertidas esta tarde en una zona deportiva, de ocio y diversión. Animación, música, hinchables y exhibiciones de patinaje, baile de salón, gimnasia rítmica, kunf fu, aeromodelismo, baloncesto, balonmano, futbol sala, tenis, ciclismo y atletismo han sido el prolegómeno de la entrega de regalos y de un final de fiesta sorpresa El polideportivo municipal acogerá este domingo el XII Trofeo Concello do Porriño de Baile Deportivo en el que competirán un ciento de parejas

 

Misión empresarial de la CEP a Chile

Misión empresarial que ha organizado la CEP a Chile y que empieza el próximo lunes 6 de junio. Mientras dura el viaje de la delegación de la CEP, del 6 al 10 de junio.Más noticias

http://www.oficinascomerciales.es/icex/cda/controller/pageOfecomes/0,5310,5280449_5299371_5296234_0_CL,00.html

http://chileabroad.gov.cl/espana/2011/06/01/empresas-espanolas-se-toman-chile/

OS ACAMPADOS NA PRAZA DO REI DISPOÑEN DE AUGA E LIÑA ELÉCTRICA PROPORCIONADA POLO CONCELLO DE VIGO

O Concello de Vigo reitera que os acampados do 15M na Praza do Rei dispoñen de auga e unha liña eléctrica proporcionada por esta administración. Así mesmo procedeuse a ampliar a cobertura wifi para que tiveran aceso na zona na que se atopan acampados Do mesmo xeito o Concello autorizoulles hai dous días o uso dun aula no Centro Cívico do Casco Vello para levar a cabo cursos de inglés, nos niveis de iniciación e perfeccionamento, que se impartirán neste mes de xuño.

 

Comunicado Concejalía de Medio Ambiente de Vigo

A Concellería de Medioambiente procedeu nesta mañá a apertura da pequena praia de A Calzoa, en Vigo, despois de que as analíticas constataran que os parámetros están dentro da normalidade. Unha pequena parte deste areal pechouse onte ao baño por precaución ao detectarse un nivel bacteriolóxico por riba do aconsellable. Esta zoa de A Calzoa mantívose pechada ao baño ata repetir unhas analíticas que, xa na tarde de onte xoves e nesta mañá, ofreceron resultados normais.

Chus Lago

Concelleira de Medioambiente

A XUNTA LEMBRA QUE O TRÁMITE DO CESE DA PRESIDENTA DA AUTORIDADE PORTUARIA DE VIGO CUMPRE COA LEGALIDADE E COS PRAZOS NORMAIS

O Diario Oficial de Galicia  (DOG) publica hoxe o cese de Corina Porro como presidenta da Autoridade Portuaria de Vigo. A Consellería do Mar lembra que a súa tramitación cumpre coa legalidade e entra dentro dos prazos normais.

Foia propia Corina Porro quen presentou o documento de renuncia ao cargo o 6 de maio, día que arrancou a campaña electoral. Tras esa sinatura, deuse comezo aos trámites dando cumprimento aos prazos normais e legais neste tipo de casos.

Trala publicación no DOG, a Consellería comunicou o cese de Porro ao Ministerio de Fomento para que, no momento no que o acepte, lle dea traslado e faga público no Boletín Oficial do Estado o cese efectivo.

 

Novacaixagalicia reforza a súa alianza con Sogarpo e Afigal para facilitarlle ás pemes o acceso ao crédito

A caixa ofrece financiamento especial con aval das sociedades de garantía recíproca

A entidade destina máis de 260 millóns a operacións apoiadas polas SGRs galegas

NCG concede en catro meses 2.900 millóns en préstamos a empresas Leer Más…

A XUNTA PON EN MARCHA UNHA NOVA ORGANIZACIÓN DO SERVIZO 065 PARA MELLORAR A PRESTACIÓN AOS SEUS USUARIOS

  • O obxectivo da nova organización e seguir optimizando este servizo, que o Goberno galego ven mellorando nos últimos meses
  • O departamento autonómico estendeu a toda Galicia o servizo do 065, incorporando novos vehículos que na actualidade ascenden a 112 despois de que o ano pasado incrementara en 21 a flota
  • A media mensual de servizos realizados en 2008 era de 2.000, 24.000 ao ano, mentres que na actualidade efectúanse en menos de 15 días o mesmo número de servizos que en todo un ano Leer Más…

aqualia celebra el Día Mundial del Medio Ambiente

¿Sabías que a túa gota conta?

Baixo este lema a empresa concesionaria do ciclo integra da auga en Vigo, aqualia, desenvolve no marco do Día Mundial do Medio Ambiente unha xornada para concienciar aos máis pequenos do uso responsable da auga.

No encontro presentarase o decálogo “A túa gota conta” con sinxelos consellos para aplicar na vida diaria co obxectivo de non desperdiciar auga. Un grupo de teatro será o encargado de escenificar os dez trucos a preto de 50 rapaces do CEIP Pintor Laxeiro

Ademais os escolares aproveitarán para coñecer as instalacións e aprender cómo funciona o ciclo integral da auga.

O acto terá lugar nas instalacións de aqualia Vigo (c/Cantabria s/n) o luns 6 de xuño ás 11:00 horas.

 

 

 

 

BENESTAR RECOÑECE A ESPECIFICIDADE DA ATENCIÓN ÁS PERSOAS CON AUTISMO NA SUA NOVA CARTEIRA DE SERVIZOS

  • A directora xeral de Dependencia e Autonomía Persoal, Coro Piñeiro, indicou que será unha mellora palpable porque esta carteira garante a calidade, a flexibilidade e a adecuación ás necesidades reais dos usuarios e usuarias
  • Coro Piñeiro expuxo que se trata dunha carteira que acreditará os servizos, e non os centros, “de maneira que imos optimizar as posibilidades e adecuar ao máximo os servizos aos diferentes colectivos” Leer Más…

INTERNACIONALIZACIÓN. FEIRA INTERNACIONAL DA HABANA

O Instituto Español de Comercio Exterior (ICEX) organiza, contando coa colaboración do Igape, a participación de empresas españolas e galegas na Feira Internacional da Habana, FIHAV 2011.
O evento desenvolverase  no recinto feiral Expocuba do 31 de outubro ao 5 de novembro deste ano. Será a primeira vez que o ICEX dispoña de pavillón oficial nesta feira, que está a gañar importancia a nivel internacional e constitúe un importante punto de encontro para o empresariado galego e español co cubano.
Para participar nesta feira internacional é preciso cubrir o formulario que aparece no apartado da convocatoria. As empresas interesadas deben ter en conta que o prazo de inscrición rematará o día 15 deste mes de xuño.

www.igape.es