JAVIER GUERRA E O PRESIDENTE DO CONSELLO GALEGO DA COMPETENCIA SENTAN AS BASES DUNHA ESTREITA COLABORACIÓN

  • O conselleiro de Economía e Industria e Francisco Hernández acordaron traballar conxuntamente en distintos ámbitos ppara beneficiar á cidadanía galega e acadar un mercado galego máis seguro e transparente para a cidadanía no actual periodo de crise
  • Ambos abordaron temas como o do prezo dos carburantes, no que Galicia está sendo pioneira á hora de recompilar información para averiguar as causas dos elevados prezos que teñen que soportar os galegos, ou os problemas derivados da tarificación eléctrica
  • O Consello Galego da Competencia valora moi positivamente o anteproxecto del Lei de Protección das Persoas Consumidoras para incrementar os niveles de seguridade tanto da cidadanía como do mercado

Santiago, 08 de xuño de 2011.- O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, e o presidente do Consello Galego da Competencia, Francisco Hernández, veñen de sentar as bases dunha estreita colaboración nun encontro que ambos mantiveron en San Caetano.

 

Tanto Javier Guerra como Francisco Hernández acordaron traballar conxuntamente en distintos ámbitos para beneficiar á cidadanía galega e acadar un mercado galego máis seguro e transparente no actual periodo de crise.

 

O conselleiro de Economía e Industria e o presidente do Consello Galego da Competencia abordaron temas como o do prezo dos carburantes, no que Galicia está sendo pioneira á hora de recompilar información para averiguar as causas dos elevados prezos que teñen que soportar os galegos, ou os problemas derivados da tarificación eléctrica, eido no que a Xunta está a volcar múltiples esforzos.

 

Neste aspecto, o conselleiro de Economía e Industria lembrou a Francisco Hernández o traballo que a Xunta está a desenvolver da man do programa Belenus e as asociacións de consumidores para formar e informar aos cidadáns sobre a tarificación eléctrica, intensificar os controis sobre as empresas e elaborar un novo recibo da luz máis sinxelo para beneficiar aos cidadáns.

 

O presidente do Consello Galego da Competencia tamén valorou moi positivamente o anteproxecto de Lei Galega de Protección das Persoas Consumidoras que elaborou o departamento que dirixe Javier Guerra na procura de avanzar nas políticas de protección ao consumidor a través de iniciativas concretas que supoñen un avance significativo no exercizo activo dos dereitos das persoas consumidoras.

 

Javier Guerra salientou no transcurso do encontro que “a estratexia de fornecemento da política de protección ao consumidor da Xunta de Galicia vai continuar contando cos esforzos da Consellería de Economía e Industria”, que a través do novo texto legal  contribuirá a incrementar a seguridade dos consumidores nos nosos mercados, garantindo a seguridade xurídica aos nosos profesionais e empresarios.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: