Noticias Ayuntamiento de Vigo – 08-06-11


O Concello solicitará á Xunta explicacións polo traslado da ESO e o Bacharelato do instituto Manuel Antonio

O alcalde de Vigo en funcións, Abel Caballero, entrevistouse hoxe mércores con representantes do profesorado e da ANPA do centro, a petición destes, para darlle a coñecer ao rexedor a decisión autonómica de trasladar a ESO e o Bacharelato do IES Manuel Antonio. Caballero comparte a preocupación do colectivo e solicitará á Xunta de Galicia as razóns da decisión, pois a fórmula coa que operaba ata o momento é “moi enriquecedora” e “positiva”.

 


Caballero asina o convenio coa Cruz Vermella para os primeiros auxilios nas praias de Vigo

O alcalde de Vigo en funcións, Abel Caballero, asinou este mércores coa presidenta da Cruz Vermella o convenio para prestar os primeiros auxilios e o transporte sanitarios en oito praias de Vigo, servizo ao que sumarase o disposto polo Concello noutros tres areais. Caballero valorou a posibilidade de adiantar, en próximos veráns, o dispositivo aos fins de semana de todo xuño. Este verán, o Concello disporá de socorrismo e salvamento en once praias viguesas.

 


O V Trofeo Concello de Vigo de Bádminton reunirá a máis de 150 deportistas este sábado nas Travesas

O concelleiro de Deportes en funcións, Xabier Alonso, presentou este mércores o V Trofeo Concello de Vigo de Bádminton e o II Memorial Luis Miró, que se celebrarán este sábado, 11 de xuño, na Pista Vermella do polideportivo das Travesas, de 10 a 12 horas e de 15.30 a 19 horas. O nacionalista destacou o forte incremento de participantes nesta edición do torneo, ao pasar de 100 deportistas no 2010 a 150 este ano nas diferentes categorías.

 


Exposición “O tempo é un círculo”

Do 9 de xuño ao 10 de xullo a Casa das Artes de Vigo ofrece a oportunidade de coñecer a mostra de Menchu Lamas “O tempo é un círculo”. Presenta obras de gran formato que abranguen dúas décadas da sua traxectoria, incluindo a década dos 90 e despois o periodo que vai do ano 2000 até agora. Recolle unha escolma das obras máis significativas no evoluir da artista nestas dúas etapas ben diferenciadas.

 

Exposicións “Vigo Cidade Babel” e “Galicia nas Ondas”

O museo Verbum – Casa das Palabras acolle as exposicións “Vigo Cidade Babel. O Verbum da Diversidade Lingüística” e “Galicia nas Ondas. 1933-2011” desde os pasados 29 de abril e 4 de maio respectivamente.Poden visitarse ininterrumpidamente de 10 a 19 horas de martes a domingo ata o vindeiro martes 14 de xuño inclusive; do 15 de xuño ao 15 de setembro en horario de martes a domingo de 10 a 14 horas e de 17 a 21 horas e a partir do 16 de setembro no horario habitual de inverno (de 10 a 19 horas).

 


As Escolas Municipais de Música e Artes Escénicas colaboran este sábado, con actuacións ininterrumpidas, na Romería solidaria da ONG Pozos de auga Mayo Rey

As Escolas Municipais de Música e Artes Escénicas (EMMA), dependentes do Servizo de Educación do Concello de Vigo, participan, por primeira vez de forma conxunta, nun evento solidario que se celebra na carballeira de San Roque da nosa cidade. A Fundación Mayo Rey, que leva o nome dunha das rexións máis deprimidas de África, ao norte de Camerún, organiza unha Romería Solidaria para recadar fondos destinados á construcción de pozos de auga nesa zona. A romería terá lugar os dias 11 e 12 de xuño.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: