Archive | junio 9, 2011

LUCÍA MOLARES COÑECEU OS TRABALLOS FEITOS POLOS USUARIOS E USUARIAS DO CENTRO SOCIOCOMUNITARIO DE REDONDELA

  • A delegada territorial da Xunta en Vigo fixo un percorrido polas exposicións de pintura, onde se amosan os traballos que os usuarios e usuarias realizaron nos distintos obradoiros ao longo deste curso 2010/2011.

Vigo, 9 de xuño de 2011.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, participou esta tarde no acto de clausura das actividades do curso 2010/2011 que durante este ano levaron a cabo os usuarios e usuarias do Centro Sociocomunitario de Redondela. Acompañada da directora do centro, Francisca Canal, a delegada da Xunta puido coñecer os traballos feitos polos usuarios e usuarias que durante estes días estarán expostos no centro social. Unha exposición de pintura feita polos propios alumnos e alumnas do centro ademais dunha mostra dun artista local poden xa observarse no Centro Sociocomunitario. Con todo, Molares foi a encargada de clausurar as actividades deste ano e que pasaron por obradoiros de memoria, escritura, cursos de informática, musicoterapia e ioga ademais de obradoiros de macramé e pintura ao óleo. En todos eles participaron ao redor de 250 persoas que diariamente acoden ao centro que a Consellería de Traballo e Benestar xestiona na Vila dos Viaductos. Todos eles recibiron de mans da delegada da Xunta o seu diploma acreditativo felicitándoos por formar parte activa deste tipo de actividades que lles permiten disfrutar do seu tempo libre. E para rematar a festa de fin de curso, os usuarios e usuarias puideron ver a actuación do monologuista Pepo Suevos.

 

O centro sociocomunitario de Redondela conta cunha importante programación de actividades e, así, mensualmente acoden medio millar de persoas para pasar o seu tempo nas dependencias que a Xunta de Galicia ten en Redondela.

 

 

 

Protesta bombeiros frente a concello de Vigo

Bombeiros de Vigo denuncian abuso de autoridade por parte dos mandos e acusan ao Concello de cómplice

Realizaron unha concentración de protesta diante do consistorio para reclamar que se poña fin á impunidade dun suboficial
Arredor de medio cento de bombeiros de Vigo realizaron esta mañá unha concentración de protesta diante do consistorio para denunciar o abuso de autoridade ao que están sendo sometidos por parte dos mandos. En concreto, citan a impunidade coa que un suboficial mantén “tratos impositivos innecesarios, tons burlescos e desprezativos ou comportamentos provocadores” sen que os responsábeis municipais teñan feito nada ao respecto a pesar de que dende o ano 2007 se sucedan as denuncias e alertan de que esta situación pode afectar negativamente á calidade dun servizo tan importante para a cidadanía.

Os afectados permaneceron por espazo de medio hora ás portas do Concello de Vigo portando unha faixa na que se podía ler “O Concello consinte abuso de autoridade en bombeiros Vigo. Basta xa!”. Arredor das 11.30 horas, o secretario comarcal da CIG de Vigo, Serafín Otero, e o representante da CIG-Administración no Concello, Xosé Cabaleiro, compareceron en rolda de prensa acompañados polos bombeiros para ofrecer os detalles do conflito e alertar que podería ter efectos moi negativos sobre a prestación do servizo, tendo en conta o “ambiente irrespirábel” que se vive no parque. Leer Más…

MÁIS DE 2000 TRABALLADORES/AS NO ESTADO DIN: NON AO ERE! SÍ A UN CONVENIO DIGNO! NON AOS DESPEDIMENTOS EN TELEFÓNICA!

Levamos 3 anos de mobilización permanente, de loita diaria na defensa dos intereses de todos/as, das nosas condicións laborais e salariais. Pero tamén na defensa dos dereitos de toda a clase traballadora, do dereito ao emprego digno e con dereitos, do futuro dos/as nosos/as fillos/as e das novas xeracións. Poden todos dicir o mesmo? Poderán todos os/as traballadores/as e organizacións sindicais dicirlle o mesmo aos seus netos e netas? Poderán mirarlle á cara e contarlle que facían mentres as grandes empresas destruían as conquistas laborais do século XX, para levarnos a condicións de traballo decimonónicas? Como poden nin sequera falar dunhas táboas salariais cuns soldos base de Entrada un 25% menor? Que miseria sindical permite que se lle chame “novo emprego” á incorporación de “bolseiros” na Telefónica, a Empresa máis rica e rendíbel do Capitalismo Español? Leer Más…

ROSA QUINTANA DESTACA O TRABALLO DE GALICIA NO GRUPO DE PESCA DO ARCO ATLÁNTICO PARA GARANTIR O FUTURO DA PESCA EUROPEA

A conselleira do Mar participou na Asamblea Xeral da Comisión Arco Atlántico celebrada en La Rochelle, Francia

A conselleira salientou o traballo conxunto das rexións atlánticas para abordar de forma unitaria a reforma da Política Pesqueira Común

§     Puxo como exemplo diferentes proxectos do Cetmar de cara a conseguir “unha máis rendible e sostible actividade pesqueira ou unha xestión equilibrada do noso litoral”

§     Aproveitou a súa presenza neste foro para apuntar a importancia de impulsar o proxecto da Macrorrexión RESOE invitando a máis rexións do occidente europeo a compartir máis áreas de cooperación e mellorar as economías de escala

1ª MIMPE mostra internacional de musica Pernambucana na Galiza. Brazilian Caravan

CONFIRMADO: Xoves 16 de Xuño. Sala La Iguana Club Vigo. 21:30h  Anticipada 8€ (www.laboleteria.es), Billeteria 10€.
A asociacion cultural Minho Reggaae da Galiza, organiza:
1ª MIMPE; mostra internacional de musica Pernambucana, Brazilian Caravan.

BRAZILIAN CARAVAN  2011
MIMPE 1ª Mostra Internacional de musica pernambucana.

ETA CARINAE / RIVOTRILL

FIN DE FEIRA Leer Más…

Poñen fin ao peche no cluster do granito no Porriño despois de que a Xunta se decidise a intervir

A xefa territorial de Relacións Laborais respondeu á petición por escrito dos sindicatos convocando unha reunión entre as partes

VIGO/09-06-11

Os representantes da CIG, CCOO e UGT na mesa negociadora do convenio do sector de Mármores e Pedras de Pontevedra que se pecharon o luns pasado no cluster do granito no Porriño para esixir o desbloqueo das conversas decidiron hoxe a poñer fin á protesta despois de que a Xunta de Galiza se decidise a intervir. Horas despois de que os sindicalistas presentasen un escrito na delegación de Traballo en Vigo solicitando a súa colaboración para solucionar o conflito, a xefa territorial de Relacións Laborais comunicoulles por fax que o vindeiro martes están convocados a unha xuntanza coa patronal. Leer Más…

MAR APOSTA POR MELLORAR A IDENTIFICACIÓN E A TRAZABILIDADE DO PERCEBE GALEGO E POLA ORGANIZACIÓN PARA A PROFESIONALIZACIÓN DO SECTOR

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro e o director xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños deron resposta a distintas preguntas na comisión de pesca e marisqueo

  • A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro recapitulou as conclusións obtidas no IV Encontro de mariscadores de recursos específicos: percebe, e deu conta da súa aplicación
  • O director xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños fixo fincapé na “importancia e na necesidade da unión entre a Xunta e o sector” para achegar solucións aos recortes das cotas pesqueiras acordadas pola Unión Europea Leer Más…

ASETRANSPO SE UNE AL RECHAZO DE LA EUROVIÑETA

La asociación, que aglutina a más de 600 empresas de transporte en toda la provincia, manifiesta su absoluta oposición a la implantación de la euroviñeta y a la posibilidad de incremento de la misma hasta un 30%, tal y como se ha aprobado por la Eurocámara Leer Más…

Bruselas aprieta las tuercas a España y le pide subir el IVA

La Comisión Europea ha pedido este martes al Gobierno que durante el próximo año reduzca las cotizaciones sociales de los trabajadores para disminuir los costes salariales, y que compense la reducción de ingresos con aumentos del IVA y de los impuestos sobre la energía.

La solicitud está incluida en las recomendaciones que el Ejecutivo comunitario ha dirigido a España de cara a la elaboración de los presupuestos y el plan de reformas para 2012. Estas recomendaciones, que serán aprobadas en la cumbre de líderes europeos del 23 y 24 de junio, constituyen una de las medidas decididas por la UE los últimos meses para mejorar la coordinación económica entre los Gobiernos y prevenir futuras crisis. Leer Más…

XXI Festival de Folclore do Alto Minho

 

Valença recebe a edição anual do Festival de Folclore do Distrito de Viana do Castelo a 12 de Junho, a partir das 15h30, no Jardim Municipal.

O festival decorre este ano na cidade de Valença e, conta com a presença de dez ranchos folclóricos representativos de cada concelho do distrito de Viana do Castelo.

Para Jorge Salgueiro Mendes, Presidente da Câmara Municipal de Valença, é uma honra para Valença receber a maior festa do folclore do Alto Minho, na data de aniversário de elevação de Valença a cidade. É com grande prazer que recebemos os representantes do folclore do Alto Minhop certos de que apreciaram a monumentalidade da

Este festival realiza-se anualmente e em sistema de rotatividade pelos 10 concelhos do Alto Minho (10 ranchos folclóricos).
Do programa, destaca-se às 15h00 o desfile dos grupos desde o Campo da Feira, na Cidade Nova, percorrendo toda a Avenida de S. Teotónio até ao Jardim Municipal onde terá início o espectáculo.

Esta edição conta com a participação do anfitrião Grupo Folclórico de Ganfei, do Grupo de Danças Regionais do Orfeão de V. P. âncora, Grupo Etnográfico Associativode Paredes de Coura, Rancho Folclórico Arcos Sampaio,, Rancho Folclórico de Pinheiros, Grupo Desportivo e Cultural do Neiva, Rancho Folclórico de Paderne, Grupo Folclórico Paço Vedro Magalhães , Grupo Folclórico de S. Paulo e o Rancho Folclórico Etnográfico de Reboreda que encerra o Festival.

No final haverá a troca de testemunho e bandeiras entre o Grupo Folclórico de Ganfei e Rancho Folclórico Etnográfico de Reboreda que realizará a edição deste espectáculo de folclore no próximo ano.

A festa terminará com um arraial minhoto no Mercado Municipal de Valença.