LUCÍA MOLARES COÑECEU OS TRABALLOS FEITOS POLOS USUARIOS E USUARIAS DO CENTRO SOCIOCOMUNITARIO DE REDONDELA

  • A delegada territorial da Xunta en Vigo fixo un percorrido polas exposicións de pintura, onde se amosan os traballos que os usuarios e usuarias realizaron nos distintos obradoiros ao longo deste curso 2010/2011.

Vigo, 9 de xuño de 2011.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, participou esta tarde no acto de clausura das actividades do curso 2010/2011 que durante este ano levaron a cabo os usuarios e usuarias do Centro Sociocomunitario de Redondela. Acompañada da directora do centro, Francisca Canal, a delegada da Xunta puido coñecer os traballos feitos polos usuarios e usuarias que durante estes días estarán expostos no centro social. Unha exposición de pintura feita polos propios alumnos e alumnas do centro ademais dunha mostra dun artista local poden xa observarse no Centro Sociocomunitario. Con todo, Molares foi a encargada de clausurar as actividades deste ano e que pasaron por obradoiros de memoria, escritura, cursos de informática, musicoterapia e ioga ademais de obradoiros de macramé e pintura ao óleo. En todos eles participaron ao redor de 250 persoas que diariamente acoden ao centro que a Consellería de Traballo e Benestar xestiona na Vila dos Viaductos. Todos eles recibiron de mans da delegada da Xunta o seu diploma acreditativo felicitándoos por formar parte activa deste tipo de actividades que lles permiten disfrutar do seu tempo libre. E para rematar a festa de fin de curso, os usuarios e usuarias puideron ver a actuación do monologuista Pepo Suevos.

 

O centro sociocomunitario de Redondela conta cunha importante programación de actividades e, así, mensualmente acoden medio millar de persoas para pasar o seu tempo nas dependencias que a Xunta de Galicia ten en Redondela.

 

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

0 Respuestas a “LUCÍA MOLARES COÑECEU OS TRABALLOS FEITOS POLOS USUARIOS E USUARIAS DO CENTRO SOCIOCOMUNITARIO DE REDONDELA”

  1. BREDBAND dice :

    yeshhh! it is quite right! 😉

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: