MÁIS DE 2000 TRABALLADORES/AS NO ESTADO DIN: NON AO ERE! SÍ A UN CONVENIO DIGNO! NON AOS DESPEDIMENTOS EN TELEFÓNICA!

Levamos 3 anos de mobilización permanente, de loita diaria na defensa dos intereses de todos/as, das nosas condicións laborais e salariais. Pero tamén na defensa dos dereitos de toda a clase traballadora, do dereito ao emprego digno e con dereitos, do futuro dos/as nosos/as fillos/as e das novas xeracións. Poden todos dicir o mesmo? Poderán todos os/as traballadores/as e organizacións sindicais dicirlle o mesmo aos seus netos e netas? Poderán mirarlle á cara e contarlle que facían mentres as grandes empresas destruían as conquistas laborais do século XX, para levarnos a condicións de traballo decimonónicas? Como poden nin sequera falar dunhas táboas salariais cuns soldos base de Entrada un 25% menor? Que miseria sindical permite que se lle chame “novo emprego” á incorporación de “bolseiros” na Telefónica, a Empresa máis rica e rendíbel do Capitalismo Español?

Veñen á nosa memoria nomes de traballadores/as honrados/e e valentes, que deron o mellor das súas vidas para entregarnos conquistas e condicións laborais que non temos dereito a entregar a cambio dunha dádiva indigna, no canto dunha xubilación digna e con dereitos.

Amador e Daniel, mortos en Ferrol en 1972, Moncho Reboiras, fundador e impulsor dos xermolos do sindicalismo nacionalista e de clase na Galiza, asasinado pola policía en 1975, tantos e tantas, encadeados e machucados polo franquismo por construír organización sindical ao servizo dos/as traballadores/as; hoxe unha parte desa organización sindical na nosa Empresa, dirixida por unha cúpula indigna e corrupta, dedícase ao negocio compartido dos fondos de pensións, ao chalaneo, á corrupción moral da súa propia xente e ao clientelismo, todo por un miserábel acoplamento, unha prebenda ou un carguiño.

Logo de tres anos fomos quen de parar a axenda da Empresa, milleiros de traballadores/as en todo o Estado; demostramos a falsidade do derrotismo, a covardía do acomodamento, demostramos que non hai nada asinado ata que se asina. Onde foi parar a Clasificación Profesional, proposta pola Empresa no 2008? Temos que pensar que logo de tres anos, todos/as temos un bienio máis nas nosas nóminas, moitos/as un pase de categoría incorporado no salario base, localidade de residencia, etc. U-la prórroga do Convenio?

Vemos con noxo e tristura os lamentos de CCOO-Ugt, porque “o ERE ten moita publicidade”, porque a Empresa retira a proposta orixinal de Clasificación Profesional, para eludir un debate que a mesma Empresa asegura ter perdido!!! Choran porque non lles deixan saquear os fondos do Inem, quitárllelos aos parados/as, para aforrarllo a Telefónica, aos pobriños do BBVA, da Caixa, dos fondos especulativos de investimento internacionais!!! Quéixanse porque teñen que retirar o ERE, por chapuceiro, impresentábel, ilegal e inmoral….sofren porque a sociedade civil se defende da cobiza sen fondo dos ricos!!! Foi o noso esforzo, o de todos/as os que nos mobilizamos o que obrigou o goberno e a Empresa a modificar o seu comportamento, a respectar as formas, e hai que continuar presionando, mobilizados Que ninguén se esqueza, a Empresa sábeo ben, que esa indignidade sindical non recadou máis que o 42% do voto do censo de traballadores/as, moi por debaixo da metade do cadro de persoal; ese é o apoio que ten a “plataforma unitaria do C.I.” E teñen que saber que unha parte substancial do persoal está decidida a defenderse, a organizar medios para facernos presentes cando se está a falar dos nosos empregos e dos nosos salarios. Sabemos que volverán con toda a súa axenda, para tentar liquidar o Emprego en Telefónica, unha e outra vez; e deben saber que sempre nos toparán de pé, cheos de dignidade e de razón, defendendo os nosos lexítimos intereses e os de toda a Clase Traballadora, da Galiza, do Estado e do mundo.

POR UN CONVENIO DIGNO, NON Á CLASIFICACIÓN PROFESIONAL!

NON Á DESTRUCIÓN DE EMPREGO EN TELEFÓNICA!

DESPEDIDOS READMISIÓN!!!

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: