MAR APOSTA POR MELLORAR A IDENTIFICACIÓN E A TRAZABILIDADE DO PERCEBE GALEGO E POLA ORGANIZACIÓN PARA A PROFESIONALIZACIÓN DO SECTOR

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro e o director xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños deron resposta a distintas preguntas na comisión de pesca e marisqueo

  • A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro recapitulou as conclusións obtidas no IV Encontro de mariscadores de recursos específicos: percebe, e deu conta da súa aplicación
  • O director xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños fixo fincapé na “importancia e na necesidade da unión entre a Xunta e o sector” para achegar solucións aos recortes das cotas pesqueiras acordadas pola Unión Europea

Santiago, 9 de xuño de 2011.- A Consellería do Mar aposta por mellorar a identificación e a trazabilidade percebe galego e pola organización para a profesionalización do sector. Así o especificou esta mañá a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, na comisión de pesca e marisqueo onde especificou que é imprescindible a colaboración entre administración e sector para acadar este obxectivo, así como o de mellorar a súa promoción e chegar a novos mercados. Estes aspectos en materia de comercialización foron tratados no IV Encontro de mariscadores de recursos específicos: percebe, organizado pola Consellería do Mar en xuño e 2010.

A directora xeral recapitulou as conclusións obtidas neste encontro que ademais da mesa de traballo en materia de comercialización, incluíu outras dúas nas que se trataron aspectos de xestión do recurso e organización. Segundo subliñou Susana Rodríguez, as conclusións da mesa de xestión do recurso están recollidas no novo decreto de artes e aparellos, entre elas destaca o acordo entre sector e administración de establecer un horario de traballo que non pase das 18 horas, traballando de dúas horas e media antes a dúas horas despois da baixamar diúrna. Tamén destaca a proposta de non permitir o uso de elementos auxiliares como gafas ou trueiro na captura do percebe. Ademais, segundo explicou Susana Rodríguez, no encontro fíxose fincapé en dar máis importancia ao plan de explotación como ferramenta que permite levar a cabo a xestión óptima do recurso e especificou que a través desta ferramenta pódense adoptar medidas técnicas de xestión, como os topes de captura, as distintas necesidades das entidades e programar a extracción anual.

En materia de organización, a directora xeral salientou a proposta de crear comisións de traballo entre a Xunta e o sector para desenvolver todos aqueles temas referentes a medidas organizativas como vixilancias e furtivismo. Estas comisións celebráronse o 19 de xullo e o 1 de outubro e nelas abordáronse diversos temas de interese para o desenvolvemento do sector.

Estudos sobre o lirio

Respecto do recorte de cotas pesqueiras establecido pola UE, o director xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños fixo balance das accións realizadas pola Xunta en defensa dos intereses do sector pesqueiro e fixo fincapé na “importancia e a necesidade da unión entre a Xunta e o sector” para achegar solucións aos recortes das cotas pesqueiras acordadas pola Union Europea e tamén na coordinación de esforzos entre a administración autonómica e española, o sector e os científicos.

Entre as medidas da Xunta o director xeral deu conta das conclusións dos estudos realizados para avaliar o impacto da redución dun 93% da cota do lirio. Sobre o estudo dos aspectos biolóxicos do stock do lirio, realizado por técnicos da Consellería do Mar, Fernández Asensio lembrou que “pon en evidencia” a necesidade de diferenciar entre as poboacións do norte e do sur co obxectivo de “mellorar a precisión das avaliacións e permitir unha xestión independente de cada subunidade con medidas de xestión acordes coa natureza das frotas pesqueiras”, subliñou. A través del demóstrase que os parámetros de crecemento e de mortalidade difiren significativamente dunha parte a outra da área de distribución da especie, o que segundo recalcou fai “necesario avaliar esta especie de forma separada, stock por stock”.

Por outra banda, o director xeral lembrou no Parlamento que o estudo socioeconómico, realizado pola Universidade de Santiago de Compostela por encargo da Consellería do Mar, estima perdas por valor de 40 millóns de euros anuais”. Pablo Fernández precisou que as perdas directas serán de preto de 12 millóns, “dos cales o Porto de Ribeira sufrirá mais do 51% das perdas, o que supón máis de 6 millóns de euros anuais”. A isto hai que engadir, especificou, os de 28 millóns de euros de perdas do resto da industria dependente da actividade extractiva do arrastre do litoral.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: