Poñen fin ao peche no cluster do granito no Porriño despois de que a Xunta se decidise a intervir

A xefa territorial de Relacións Laborais respondeu á petición por escrito dos sindicatos convocando unha reunión entre as partes

VIGO/09-06-11

Os representantes da CIG, CCOO e UGT na mesa negociadora do convenio do sector de Mármores e Pedras de Pontevedra que se pecharon o luns pasado no cluster do granito no Porriño para esixir o desbloqueo das conversas decidiron hoxe a poñer fin á protesta despois de que a Xunta de Galiza se decidise a intervir. Horas despois de que os sindicalistas presentasen un escrito na delegación de Traballo en Vigo solicitando a súa colaboración para solucionar o conflito, a xefa territorial de Relacións Laborais comunicoulles por fax que o vindeiro martes están convocados a unha xuntanza coa patronal.

Unha representación dos pechados acudiu pola mañá á delegación da Xunta en Vigo para rexistrar o escrito no que se reclamaba a intervención urxente da responsábel autonómica diante da posibilidade de que o conflito se prolongase no tempo pola falta de contactos entre as partes, que suspenderon os contactos tras a oitava reunión. A decisión de envialo fora adoptada onte mesmo polos traballadores/as na asemblea celebrada no local sindical do Porriño, onde tamén se acordou continuar coa campaña informativa nas empresas do sector de cara a seguir sumando apoios ás reivindicacións sindicais.

Así mesmo, no escrito entregado na Xunta amosaban o seu compromiso de abandonar o peche reivindicativo “en canto nos convoquen a unha xuntanza que consideramos non deberá producirse máis alá do vindeiro martes día 14 de xuño”. A resposta de xefa territorial de Relacións Laborais non se fixo agardar e comunicoulles por fax que a reunión producirase o mesmo martes ás 09.30 horas nas dependencias da Consellería de Traballo en Vigo. Diante disto, os representes sindicais optaron por abandonar as instalacións do cluster do granito no Porriño que ocupaban dende o pasado luns. Aproveitaron para expoñerlle á responsábel autonómica a problemática derivada da negociación do convenio colectivo, que ten aos traballadores/as nunha situación de indefensión “xa que actualmente estanse a rexer polas táboas salariais do ano 2009, coa conseguinte perda de poder adquisitivo”. Trasladáronlle que consideran as propostas sindicais como “as mínimas asumibles” xa que reduciron as pretensións iniciais para favorecer o acordo. En concreto, a actualización das táboas salariais nos termos establecidos no cuarto convenio xeral do sector da construción.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: