Protesta bombeiros frente a concello de Vigo

Bombeiros de Vigo denuncian abuso de autoridade por parte dos mandos e acusan ao Concello de cómplice

Realizaron unha concentración de protesta diante do consistorio para reclamar que se poña fin á impunidade dun suboficial
Arredor de medio cento de bombeiros de Vigo realizaron esta mañá unha concentración de protesta diante do consistorio para denunciar o abuso de autoridade ao que están sendo sometidos por parte dos mandos. En concreto, citan a impunidade coa que un suboficial mantén “tratos impositivos innecesarios, tons burlescos e desprezativos ou comportamentos provocadores” sen que os responsábeis municipais teñan feito nada ao respecto a pesar de que dende o ano 2007 se sucedan as denuncias e alertan de que esta situación pode afectar negativamente á calidade dun servizo tan importante para a cidadanía.

Os afectados permaneceron por espazo de medio hora ás portas do Concello de Vigo portando unha faixa na que se podía ler “O Concello consinte abuso de autoridade en bombeiros Vigo. Basta xa!”. Arredor das 11.30 horas, o secretario comarcal da CIG de Vigo, Serafín Otero, e o representante da CIG-Administración no Concello, Xosé Cabaleiro, compareceron en rolda de prensa acompañados polos bombeiros para ofrecer os detalles do conflito e alertar que podería ter efectos moi negativos sobre a prestación do servizo, tendo en conta o “ambiente irrespirábel” que se vive no parque.

Lembran que as denuncias contra un dos mandos, o daquela sarxento e hoxe suboficial Carlos Ordóñez, remóntanse ao ano 2007, cando un documento remitido polo 70% da quenda número dous á xefatura do servizo xa criticaba “tratos impositivos innecesarios, tons burlescos e desprezativos ou comportamentos provocadores, procura de confrontación máis que de solución de problemas, creación de conflitos en lugar de evitalos, ameazas reiteradas, comportamentos incoherentes, arbitrariedade nas ordes e coas persoas, así como casos de persecución e favoritismos”.

Como nin o alcalde nin o concelleiro de Seguridade fixeron nada para poñer fin a esta situación e os conflitos xerados pola actitude desta persoa reprodúcense, dous anos máis tarde o comité de persoal do Concello decide solicitar o traslado desta persoa a outro posto de traballo. O escrito provocou unha reunión entre o concelleiro responsábel e o mando en cuestión, xuntanza da que nin os denunciantes nin os sindicatos foron informados, pero non a apertura dunha investigación. Só en 2010 o Concello de Vigo decide iniciar dilixencias informativas contra o suboficial por uns feitos ocorridos no parque de Teis e que motivaron o ingreso en urxencias dun bombeiro a causa dun ataque de ansiedade. O afectado levaba dende 2008 denunciando abuso de autoridade do seu superior en materia de distribución interna de persoal, seguridade e hixiene sen obter resposta algunha do Concello.

Claro caso de abuso de autoridade

Sosteñen que o expediente foi tipificado polo departamento de persoal como un caso de abuso de autoridade continuado e foi remitido para a súa incoación seis meses máis tarde ao concelleiro de Persoal, “pero até o 1 de febreiro de 2011, catro meses despois, non se inicia o proceso de instrución”, o que cualifican de “sospeitosa lentitude”.

Por todo, reclaman o cese inmediato deste actitude por parte do suboficial, “que xa fora apercibido polo Concello en 1990 e sancionado posteriormente en dúas ocasións, ademais de ter pagado unha multa por agredir a un funcionario municipal”. Ao mesmo tempo, instan ao Concello de Vigo a facerse cargo da gravidade do caso e actúe canto antes para evitar que poida repercutir na calidade e eficacia do servizo.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: