Noticias Ayuntamiento de Vigo 09-06-11


Caballero insta a todas as administracións a defender de forma conxunta o naval vigués e español

O alcalde en funcións, Abel Caballero, insistiu hoxe venres na necesidade de que todas as administracións defendan “conxuntamente o futuro do naval vigués e español” ante a denuncia recibida desde Holanda, cuestionando a legalidade do do sistema de exencións fiscais para os asteleiros en España (tax lease). Así o indicou logo de sendas xuntanzas que mantivo esta mañá con responsables de asteleiros e representantes sindicais do naval.

 



Casa do Concello

Pleno de constitución da nova Corporación municipal de Vigo

O Pleno de constitución da nova Corporación e elección do alcalde celébrase o sábado 11 de xuño, ás 12 horas, no auditorio municipal. Os 27 corporativos xurarán ou prometerán o seu cargo para con posterioridade proceder á elección do próximo alcalde de Vigo.

 

A maxia continúa o domingo no Auditorio Municipal co espectáculo “Da’Kara”, do mago Dani García

A Concellería de Cultura e Animación Sociocultural organiza unha nova actuación dirixida ao público infantil e familiar o vindeiro domingo, 12 de xuño, ás 18 horas, no Auditorio Municipal. Trátase do espectáculo de maxia “Da’kara”, que levará a escena o mago Dani García, do programa “Con t minúsculo”. O prezo das entradas é de 3 euros para os nenos e nenas ata 12 anos e 5 euros para os maiores e pódense adquirir na web http://www.laboleteria.es ou na taquilla unha hora antes do comezo da actuación

 

Cine, poesía e jazz nos clubs completan a programación do 7º Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons

Tras a presentación dos concertos do sétimo Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons péchase agora o programa completo de actividades con poesía, cine e o circuíto de música nos clubs. Do 17 ao 25 de xuño desenvólvese a programación que arrancará coa participación das escolas de música e o concerto no Centro Cultural Novacaixagalicia do contrabaixista Avishai Cohen (17 xuño, 22.30h). Durante os nove días de festival ademais proxectarase o documental Jazz en liberdade, do realizador Xes Chapela, un espectáculo poético-musical protagonizado pola escritora Eva Veiga e a programación Jazz na Noite que levará a música en horario nocturno aos clubs da cidade.

 

Peche ao tráfico do túnel de Beiramar

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras a realizar dende as 00:00 horas do 11 de xuño de 2011 e por un período aproximado de dous días estará pechado ao tráfico o Tunel de Beiramar en ámbolos dous sentidos no treito entre a rotonda da rúa Areal e a rotonda de García Barbón – Sanjurjo Badía – Xulián Estévez.

 


Espectáculo “Emoción e Palabras” Fundación Igual Arte no Verbum

Os vindeiros sábados 11 e 18 de xuño, de 20 a 21 horas e con entrada gratuíta para todos os asistentes ata completar aforamento, terá lugar no museo Verbum – Casa das Palabras o espectáculo “Emoción e Palabras” Fundación Igual Arte – Espectáculo de expresión corporal.

 


Convocatoria do novo curso 2011-2012 das Escolas Municipais de Música e Artes escénicas (EMMA)


O Concello de Vigo, a través da concellería de Educación, convoca a preinscrición para o vindeiro curso 2011-2011 nas súas Escolas Municipais de Música e Artes escénicas (EMMA). Por vez primeira realízase esta convocatoria de xeito unitario, que supón a oferta de máis de 500 novas prazas dirixidas á toda a cidadanía, nenos e maiores, animando á práctica afeccionada das artes musicais e teatrais, a través da súas ensinanzas e agrupacións.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: