O BNG non impedirá a investidura do candidato do PSOE na Guarda, desbotando a posibilidade de chegar a un pacto de goberno

A Guarda, 10 xuño 11. O Bloque Nacionalista Galego tomou a decisión de non impedir a investidura do candidato do PSOE, Domínguez Freitas, desbotando a posibilidade de participar no goberno municipal.

A organización nacionalista celebrou unha asemblea local na que houbo numerosas intervencións por parte da militancia e na que se tomou a determinación de non impedir a investidura do candidato do PSOE.

Dende o BNG desbotouse a posibilidade de chegar a un pacto de goberno, abrindo a posibilidade de chegar a acordos puntuais para sacar adiante aspectos programáticos nos que se priorice o gasto social, a aposta polos sectores produtivos, a defensa da lingua e da cultura de Galiza, …

No BNG actuamos con responsabilidade, tendo en conta de qué forma somos máis útiles para os veciños e veciñas da Guarda e como poderemos desenvolver mellor o programa co que nos presentamos a estas eleccións municipais. Iníciase un novo tempo político sen maiorías absolutas no que o diálogo vai ter que ser unha constante. O BNG vai poñer os intereses das maiorías sociais enriba da mesa ante calquera proceso de negociación que se teña que afrontar” comentou, Xan Lois Lomba, candidato á alcaldía e portavoz municipal do BNG na Guarda.

O BNG defende novas políticas desde os concellos, “de acordo co que defendimos durante a campaña electoral”. O BNG non avalará, por tanto, políticas de dereita desde os gobernos municipais e si políticas nas que se aposte polos nosos sectores produtivos e as maiorías sociais.

Os acordos tomados pola asemblea do BNG son consecuencia da posición adoptada polo Consello Nacional do BNG a pasada semana, no que se acordou impedir a entrada do PP nos gobernos municipais deixando en mans de cada localidade a posibilidade de chegar a acordos co PSOE, en todo caso, o BNG favorecerá a gobernabilidade.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: