A XORNADA ‘O MARCO LINGÜÍSTICO E TECNOLÓXICO DA ESCOLA ACTUAL’ AFONDA NO PROXECTO ABALAR E NO PLAN DE POTENCIACIÓN DAS LINGUAS ESTRANXEIRAS

  • O encontro repasa os grandes fitos de dous dos proxectos máis innovadores da Consellería de Educación

Mondariz, 11 de xuño de 2011.- O Proxecto Abalar e o Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras son hoxe protagonistas no programa da X Xornada ‘O marco lingüístico e tecnolóxico da escola actual’, organizada pola Federación Autonómica de Centros de Ensino Privado (CECE Galicia).

O director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, José Luís Mira, representou á Consellería na mesa redonda na que se abordaron estes proxectos, na que lembrou que o departamento educativo da Xunta de Galicia está a dar prioridade aos proxectos innovadores, tales como o Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras e o ABALAR.

Deste xeito salientou “o esforzo feito nos actuais tempos de crise económica para reforzar a rede de seccións bilingües, duplicándoas en tan só dous anos ata chegar ás 1.519, que benefician a 26.386 alumnas e alumnos, un 110% máis das que había ao inicio da lexislatura”. Ademais recordou que ao abeiro deste plan se creou a primeira Rede galega de Centros Plurilingües, nos que se imparte ata un terzo do horario lectivo nunha lingua estranxeira, que conta este primeiro ano con 58 centros, e chegará aos 160 centros no curso 2012/2013. “O obxectivo é -dixo- que todos os escolares galegos, con independencia dos recursos económicos das súas familias, teñan a oportunidade de adquirir estas competencias en linguas estranxeiras tan necesarias”.

Respecto deste plan o director xeral explicou tamén os itinerarios formativos para profesorado e alumnado que establece. Así, salientou as estadías en ámbito lingüístico, no estranxeiro ou nas denominadas vilas inglesas, “unha iniciativa na que poderán participar este verán 3.730 estudantes galegos, un 40% máis de que ao inicio da lexislatura”. Así mesmo lembrou que “este ano haberá por primeira vez 45 prazas para estudantes del Grado Superior de FP que teñan un módulo de lingua estranxeira no currículo do seu ciclo e que poderán pasar 3 semanas en Canadá, Reino Unido e Francia”.

Abalar, un cambio do modelo educativo

No que toca ao Abalar, o representante do departamento educativo da Xunta de Galicia explicou que esta estratexia de implantación das novas tecnoloxías no ensino chegará o vindeiro curso a máis de 31.500 alumnos galegos 5º e 6º de primaria e de 1º e 2º da ESO.

Así mesmo o director xeral fixo fincapé en que se trata dunha “estratexia educativa global e integradora”, “un proxecto con obxectivos claramente determinados para maximizar o aproveitamento dos recursos no avance das competencias dos nosos alumnos, que coordina e impulsa un cambio de modelo educativo en Galicia”

O obxectivo desta xornada é que os centros que acudan á cita poidan obter información arredor de iniciativas educativas que lles benefician de forma directa, tales como o plurilingüismo, a implantación das novas tecnoloxías nos centros de ensino, así como a forma en que isto afecta a alumnado e as vías para a participación de alumnado familias e docentes nestas actuacións.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: