Novacaixagalicia vai inaugurar o vindeiro 22 de xuño na Coruña a primeira retrospectiva de Lee Miller

A súa carreira comezou o día que Conde Nast, o fundador de Vanity Fair, salvou a súa vida

A fotógrafa norteamericana retratou os grandes artistas do século XX

Miller acompañou o exército ianqui dende Normandía ata a caída de Berlín

Por primeira vez en España, a montaxe vai abranguer todas as súas facetas creativas

I        Casada co pintor surrealista Roland Penrose, o fillo visitará Galicia en xuño

11.06.2011. A sede da Fundación Caixa Galicia na Coruña vai acoller a partir do vindeiro día 23 de xuño a primeira exposición retrospectiva dedicada en España a un dos grandes nomes da fotografía do século XX, a norteamericana Lee Miller. Autora dalgunhas das imaxes máis destacadas do pasado século, ao longo dos seus setenta anos de vida, Miller destacou como fotógrafa de moda, correspondente de guerra e como retratista dos grandes creadores das artes plásticas do século XX

Lee Miller (1907, Poughkeepsie, Nova York, 1977, Farley Farm House, East Sussex, Inglaterra) estivo dende moi pequena familiarizada cos rudimentos da fotografía grazas ao cuarto de revelado do seu pai, un enxeñeiro apaixonado polas tecnoloxías modernas…

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: