O CONSELLEIRO DE EDUCACIÓN CLAUSUROU AS XORNADAS DA ASOCIACIÓN DE ENSINO DE FABRICACIÓN MECÁNICA DE GALICIA

  • Neste encontro déronse cita alumnos, ex alumnos e profesores desta familia profesional de ciclos formativos

Vigo, 11 de xuño de 2011.- O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, clausurou hoxe a décimo primeira edición das xornadas da Asociación de Ensino de Fabricación Mecánica (ENFAMEC), un acto no que destacou “o grado de compromiso co seu labor do profesorado de Fabricación Mecánica”. “Un compromiso –engadiu- que se demostra na súa preocupación polos retos de futuro e na procura de novas e mellores saídas profesionais para o seu alumnado” neste encontro. Así, o conselleiro incidiu en que “son vostedes o perfecto expoñente do concepto de formación continua ao longo da vida, que a Consellería de Educación defende e promove”  Neste sentido Vázquez Abad lembrou que a consellería está a impulsar unha nova folla de ruta para a FP galega. “Seguindo a liña da Estratexia 2020 da Unión Europea, -dixo- o noso obxectivo é que os sistemas de educación e formación centren os seus currículos na creatividade, a innovación e o espírito emprendedor. Tres piares básicos que se estiveron a debater nestas xornadas, mentres se falou de sectores en desenvolvemento, tecnoloxías que incrementan a competitividade e oportunidades de futuro, en resposta ás demandas socioprodutivas do tecido empresarial galego”.

Así mesmo, Vázquez Abad fixo fincapé na necesidade de “coñecer e atender as necesidades ás que teremos que facer fronte, de ser conscientes de que para avanzar e lograr as elevadas cotas de excelencia ás que aspiramos, o importante é empezar a camiñar, xuntos”.

Por iso, o conselleiro agradeceu ao IES Politécnico a súa acollida a este encontro e a ENFAMEC “o magnífico traballo que a está a facer, demostrando que a cooperación e o compromiso co labor docente son a mellor inversión”.

Intercambio de técnicas e experiencias

O encontro, que se desenvolveu nas instalacións do IES Politécnico de Vigo, reuniu a alumnos ex alumnos e profesores de ciclos de FP relacionados coa familia profesional da Fabricación Mecánica. Durante estes dous días, os asistentes abordaron diferentes técnicas que constitúen oportunidades de futuro para o sector, tales como o mecanizado no sector aeronáutico ou o corte de precisión por láser, ademais das ferramentas e mecánicas relacionadas con estas tecnoloxías. Doutra banda, e co fin de abordar a orientación cara ao mundo laboral, os ex alumnos participaron na mesa redonda ‘Transición do instituto ao traballo: unha visión múltiple’. Deste xeito a mesa redonda contribuíu tamén a facer visible o labor formativo do profesorado no desenvolvemento dos futuros profesionais e a súa prolongación na actividade empresarial. As xornadas completáronse cun percorrido polas aulas e talleres do IES Politécnico, nas que se desenvolveron demostracións sobre o uso da maquinaria e ferramentas por parte dos membros do departamento de fabricación mecánica.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: