MATO AVANZA QUE O DIÁLOGO SOCIAL XA DEFINIU MÁIS DE 50 MEDIDAS DO PLAN ESTRATÉXICO DE RESPONSABILIDADE SOCIAL EMPRESARIAL

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, clausurou hoxe unha xornada sobre Responsabilidade Social Empresarial (RSE) no Club financieiro de Vigo
  • Sinalou que este Plan, que terá unha vixencia de 2011 a 2014, será “previsiblemente” obxecto dos próximos acordos a asinar ao abeiro das mesas de diálogo social
  • Entre o máis de medio cento de medidas xa ultimadas, destaca a inclusión da RSE nas diferentes etapas educativas co fin de que os cidadáns asimilen este concepto desde os seus primeiros anos

Vigo, 13 de xuño de 2011.- A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, avanzou hoxe que as mesas do diálogo social –nas que toman parte a Administración autonómica, a CEG, UGT e CCOO- teñen xa definidas máis de 50 medidas que se incluirán no Plan estratéxico de Responsabilidade Social Empresarial (RSE) 2011-2014. Así o sinalou durante a súa intervención na clausura dunhas xornadas sobre RSE que tiveron lugar no Club financieiro de Vigo. No transcurso da súa participación, concretou que este Plan estratéxico está xa moi avanzado, polo que “previsiblemente será obxecto dos próximos acordos a asinar no marco do diálogo social”. O obxectivo é poñer en marcha unha ferramenta que deseñe unha “estratexia global e coordinada” para achegar as empresas á RSE. De feito, Mato fixo fincapé na relevancia deste instrumento tendo en conta que o tecido empresarial de España en xeral, e de Galicia en particular, está constituído por pequenas e medianas empresas, “que son as que máis dificultades teñen para a implantación de sistemas de xestión da RSE”. De aí que o Goberno autonómico estea a prestar unha “especial atención” á concienciación neta materia e que estea a traballar en implantar os mecanismos necesarios para facilitar a Pemes e emprendedores o acceso a métodos que lles permitan desenvolver a súa actividade. O Plan estratéxico de RSE constitúe, polo tanto, unha “aposta integral para a mellora das nosas empresas, para o reforzo da súa competitividade, pola mellora das condicións de traballo e, polo tanto, polo incremento dos nosos niveis de benestar como sociedade”, explicou Mato. “Unha Galicia con empresas máis competitivas, máis responsables, cuns traballadores que poidan experimentar melloras como o acceso á conciliación da vida persoal e familiar, como a igualdade de xénero e de oportunidade, unha Galicia con empresas respectuosas co noso entorno, será unha Galicia máis forte”, subliñou Mato. Polo tanto, para conseguir unha maior implantación da RSE nas empresas galegas, o Plan que se está ultimando no diálogo social parte de catros obxectivos xerais. O primeiro deles céntrase na formación, coñecemento e a difusión da RSE. Búscase así facer chegar este concepto a “todos e cada un” dos empresarios de Galicia, a través de accións de formación, investigación na materia ou no fomento da implantación de accións concretas. O segundo obxectivo persegue o incremento do número de empresas que incorporen prácticas socialmente responsables. Pola súa banda, o terceiro obxectivo busca actuar desde a propia Administración como “primeiro exemplo e como mostra visible” do camiño a seguir, tanto na propia Administración autonómica como apoiando estas prácticas nas administracións locais. Xa por último, o cuarto obxectivo pivota sobre a coordinación, o impulso e o seguimento do propio Plan, a través de indicadores e outras ferramentas. No que se refire ás medidas concretas, a conselleira de Traballo fixo fincapé nalgunha das máis de 50 que xa están definidas no seo do diálogo social. En concreto, referiuse á inclusión da RSE nas diferentes etapas educativas, co fin de que a importancia deste concepto sexa asumido polos cidadáns desde os seus primeiros anos. Ademais, avanzou que tamén está xa acordada, dentro destas actuacións, a posta en marcha do Observatorio galego de RSE, como ferramenta de cooperación entre os axentes económicos e sociais; e, por último, o impulso da responsabilidade social empresarial nas medidas de apoio, convocatorias de subvencións e contratos públicos.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: