MEDIO RURAL VOLVE A ACTIVAR DENDE HOXE OS PERMISOS DE QUEIMAS CONTROLADAS

 

  • A realización destas tarefas foi suspendida o 10 de maio de 2011, por vento moderado do nordés

Santiago, 13 de xuño de 2011.- A Consellería do Medio Rural volve a activar desde hoxe, luns, os permisos para facer queimas, unha vez que as previsións meteorolóxicas permiten a realización destas tarefas.

Tal e como se contempla na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, o pasado 10 de maio suspendíanse os permisos de queima diante das previsións de vento moderado do nordés.

Solicitudes

A partir de hoxe poderanse realizar as comunicacións e solicitudes de autorización de queimas de restos agrícolas e forestais a través do teléfono 012, do centro de atención aos cidadáns da Xunta de Galicia e da Oficina Agraria Virtual (OAV), de acordo co establecido no artigo 34 da Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais.

A queima non se iniciará antes de saír o sol e quedará totalmente extinguida dúas horas antes do momento da súa posta. Previamente ao seu inicio, farase unha devasa mediante a eliminación manual ou mecánica da totalidade do material combustible nunha franxa de polo menos cinco metros de largo, rodeando o perímetro que se vai queimar.

Deste xeito, os cidadáns que desexen queimar restos agrícolas nos períodos habilitados para facelo, poderán cumprir coa esixencia de comunicación previa, así coma solicitar a autorización preceptiva en caso de queima de restos forestais.

Cabe recordar que non se abandonará a vixilancia da zona queimada, ata que o lume estea totalmente apagado e transcorresen dúas horas sen que se observen lapas ou brasas.

No caso de que as condicións meteorolóxicas se volvan adversas para a realización destas tarefas, os permisos de queima quedan automaticamente anulados.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: