O BORRADOR DA LEI DE XUVENTUDE PÓDESE CONSULTAR DESDE HOXE NA WEB DA XUNTA

  • A Dirección Xeral de Xuventude levará a cabo a presentación do borrador a través de catro encontros provinciais e trece foros de debate ao longo do mes de xuño

Santiago, 13 de xuño de 2011.- O borrador do anteproxecto da Lei de Xuventude de Galicia pódese consultar desde hoxe na páxina web da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, dependente da Consellería de Traballo e Benestar, http://xuventude.xunta.es/, na que se poden facer as suxestións oportunas. Ademais, a Dirección Xeral, co obxecto de presentar a primeira Lei de Xuventude de Galicia e que sexa unha Lei participativa onde os axentes que traballan coa mocidade poidan facer as súas suxestións, levará a cabo ao longo do mes de xuño a presentación do borrador a través de catro encontros provinciais e trece foros de debate con técnicos, entidades xuvenís, asociacións xuvenís, escolas de tempo libre, grupos informais e mozos e mozas interesados en participar e aportar propostas de mellora ao mencionado borrador. Os encontros provinciais terán lugar durante o mes de xuño sendo o primeiro no albergue xuvenil de Gandarío, o día 21 ás 12,00 horas; e continuarán na Casa da Xuventude de Ourense o día 22; no Edificio Administrativo da Xunta en Vigo, o día 23; e no LUG II en Lugo o día 24 deste mes. Así mesmo realizaranse 13 foros de debate nos espazos xove da Rede Galega de Centros de Xuventude de Carballo, Curtis, Noia, Pontedeume, Ourense, Vilagarcía, Tui e Chantada, así como no Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil de Galicia en Santiago, o día 27 de xuño as 20.00 horas. Á mesma hora, o día 28 os foros celébranse nos espazos xove de Betanzos, Lalín, Vilalba e Viveiro. Todos os interesados en asistir a estes encontros participativos, poden dirixirse aos Servizos Territoriais de Xuventude da súa provincia e aos espazos xove da Rede galega de centros de xuventude mencionados anteriormente. Esta norma será a primeira Lei de Xuventude da autonomía galega. No que se refire aos seus obxectivos, consagrará a participación da mocidade, xa que establecerá canles de participación ordinarios para permitir á xuventude estar nos debates políticos nas materias e decisións que lles afectan. Seguirá, polo tanto, na liña xa operativa de mellora da participación xuvenil, que se plasmou no novo modelo de “Iniciativa Xove”, que permitiu por primeira vez acceder ás axudas a grupos informais de mozos e mozas.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: