O BNG elixe a Uxío Benítez Deputado Provincial polo partido Xudicial de Tui

Uxío Benítez resultou elixido Deputado Provincial nunha multitudinaria asemblea celebrada na tarde de onte en Tui . O acto no que participou a militancia do BNG da Comarca do Baixo-Miño xunto cos militantes de Salceda de Caselas, Porriño e Mos elixiron ao actual Tenente Alcalde de Tomiño como Deputado Provincial polo Partido Xudicial de Tui.

Na súa intervención diante da asemblea Uxío Benítez destacou que “os resultados acadados nas pasadas eleccións municipais nas que o BNG se situou como a segunda forza política nos Concellos que conforman o Partido Xudicial de Tui, fan posíbel que por primeira vez os nacionalistas contemos con un Deputado Provincial por esta circunscrición”.

Noutro momento da súa intervención o novo Deputado nacionalista destacou como un gran valor o traballo colectivo da militancia do BNG e comprometeuse diante da asemblea a seguir traballando con entusiasmo para que o nacionalismo consolide e incremente posicións para mellor defender os intereses da inmensa maioría da sociedade.

Uxío Benítez foi concelleiro de Urbanismo, facenda e patrimonio do Concello de Tomiño na pasada lexislatura. Na actualidade segue sendo o responsable destas concellarías no goberno de maioría absoluta que preside a nacionalista Sandra González.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: