O MUSEO DO MAR ACOLLERÁ, ESTE XOVES, UNHA NOVA EDICIÓN DOS FALADOIROS BAIXO O TÍTULO “OS TRABALLADORES DOS ASTELEIROS”

A xornada se centrará no colectivo dos traballadores do sector naval e contará coa presenza dun nutrido grupo de representates do sector

Será o derradeiro encontro desta primeira edición dos faladoiros, que se retomarán no mes de setembro
Mércores, 15 de xuño de 2011.- O Museo do Mar de Galicia ofrecerá este xoves, 16 de xuño, ás 17:30 h., unha nova edición dos Faladoiros, baixo o título “Os traballadores dos estaleiros. Historias persoais sobre a industria naval”, que terá a este colectivo como protagonista.
O acto contará coa presenza dun nutrido grupo de traballadores da industria naval que achegarán aos participantes á súa importancia para a economía da cidade de Vigo. Neste senso, farán un percorrido pola historia deste sector, caracterizado pola alternancia de etapas de prosperidade e adversidade, ata a actualidade. Así, repasarán as oportunidades atopadas durante o periodo de entreguerras, o auxe laboral dos anos 60 ou a reconversión sufrida na década dos oitenta, para rematar coa repercusión da actual crise económica  no naval.
Este será o derradeiro faladoiro desta primeira etapa de encontros. Se retomarán no setembro para seguir amosando a vida dos profesionais vinculados ao mar.
O obxectivo  dos Faladoiros do Museo do Mar, de periodicidade mensual e de balde, é pór en contacto a profesionais do mar co público interesado en coñecer máis de preto o traballo que se realiza no sector pesqueiro, a través dunha conversa informal.
As persoas interesadas en participar nesta xornada, poderán facelo chamando ao teléfono 986 247 691, de 10 h. a 14 h. ou enchendo o formulario que atoparán na páxina web do museo, http://www. Museodomar.es.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: