MÁIS DUN CENTO DE EXPERTOS EN MAIORES PARTICIPARÁN MAÑÁ EN SANTIAGO NUNHA XORNADA SOBRE OS INTERNAMENTOS EN RESIDENCIAS

  • A iniciativa, que terá lugar no salón de actos da Consellería de Traballo e Benestar, está organizada polo departamento autonómico, a Fundación Española de Xeriatría e Xerontoloxía e a Universidade da Coruña
  • Abordaranse principalmente os aspectos dos internamentos involuntarios nos centros de maiores

Santiago, 16 de xuño de 2011.- Máis dun cento de profesionais do ámbito dos servizos sociais participarán mañá nunha xornada sobre a protección xurídica do maior. Na iniciativa, organizada pola Consellería de Traballo e Benestar, a Fundación Española de Xeriatría e Xerontoloxía e a Universidade da Coruña, abordaranse os aspectos dos internamentos involuntarios en residencias. En concreto, informarase, entre outros asuntos, das novidades lexislativas introducidas nos últimos anos que proporcionan ás persoas maiores a posibilidade de que eles mesmos, en previsión da súa propia discapacidade ou dependencia, poidan valerse de distintos instrumentos xurídicos para planificar o seu futuro. A xornada, que será inaugurada polo subdirector xeral de Discapacidade, Modesto Rouco, comezará pola tarde no salón de actos do departamento autonómico cunha conferencia sobre os aspectos xurídicos do ingreso de persoas maiores en residencias que correrá a cargo do maxistrado da Audiencia Provincial da Coruña, José Gómez Rey. A continuación, o fiscal de Santiago, Antonio Roma, exporá os principios da protección do maior ante a Convención de Nova York. Tras as conferencias terá lugar unha mesa redonda, coordinada pola avogada da Funga, Marian Pérez del Campo, na que se debaterán e exporán as actuacións fundamentais a desenvolver para resolver situacións particulares e especiais no internamento. A iniciativa será clausurada polo catedrático da Universidade da Coruña, Eduardo Pasaro. Ao remate terá lugar a entrega de certificados de asistencia aos participantes que na súa maior parte son directores de centros de maiores e de discapacidade, membros de federacións de persoas con discapacidade, traballadores sociais e persoal que traballa na Dirección Xeral de Dependencia e Autonomía Persoal da Xunta no ámbito das persoas maiores. Así mesmo, asistirán alumnos da Universidade da Coruña.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: