Noticias Ayuntamiento de Vigo 16-06-11


O alcalde anuncia unha reducción do 50% nas dedicacións dos concelleiros do goberno local

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou hoxe xoves da reducción nas dedicacións do goberno local con respecto á Corporación anterior. Caballero anunciou que haberá seis dedicacións exclusivas e unha parcial, polas trece exclusivas do anterior mandato. Tras o Pleno celebrado hoxe, o grupo do PP baixará de catro a tres os seus liberados e reducirá a súa asignación económica e o BNG terá dous exclusivas.

 


Caballero presenta a sección policial Costa e Praia, que tamén cubrirá puntualmente as Illas Cíes

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Seguridade, Carlos López Font, presentaron este xoves en Samil a sección Seguridade Costa e Praia da Policía Local, que xa atende en bicicleta “desde Nigrán ata Redondela” con 17 axentes e, como novidade deste ano, atenderá puntualmente as Illas Cíes. Xunto á sección, os efectivos de salvamento e socorrismo operan desde onte en 11 praias de Vigo, un dispositivo que supera o medio centenar de persoas.

 


Comeza a sétima edición do Festival de Jazz Imaxina Sons

A nova edición do Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons, a sétima xa, promovida pola concellería de Cultura e Animación Sociocultural do concello de Vigo, terá lugar do 17 ao 25 de xuño de 2011. Entre os artistas confirmados para a sétima edición do Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons atópanse Avishai Cohen, Portico Quartet, Nils Petter Molvaer, Sidsel Endresen, Neil Cowley Trio, Portico Quartet e John Taylor.

 


O Auditorio Municipal acolle o venres unha representación da compañía Elefante Elegante Teatro

A compañía “Elefante Elegante” representará no Auditorio Municipal o venres 17 de xuño, ás 22,00 h o espetáculo “IN” que indaga na representación contemporánea da figura humana. A súa poesía visual nace da fusión do teatro coa danza, o vídeo e as artes plásticas.

 

Campaña “A educación non é un conto:polos dereitos das nenas e das mulleres”

A Casa das Mulleres acolle desde o día 20 ao 24 de xuño diversas actividades arredor da Campaña Mundial de Educación ” A educación non é un conto:polos dereitos das nenas e das mulleres”

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: