XUVENTUDE PON EN MARCHA UN OBRADOIRO DE EMPREGO PARA FACILITAR AOS MOZOS E MOZAS A BUSCA DUN POSTO DE TRABALLO

  • O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, inaugurou hoxe esta iniciativa, que a Xunta desenvolve por primeira vez
  • O proxecto que se realizará este mes de forma piloto está dirixida a persoas menores de 35 anos
  • O curso iniciouse coa participación de 15 mozos e mozas aos que se lles realizará unha ficha individualizada da súa situación persoal
  • O primeiro obradoiro constará de 3 sesións de 3 horas cada unha

Santiago, 16 de xuño de 2011.- A Consellería de Traballo e Benestar vén de poñer en marcha o primeiro obradoiro de busca de emprego, unha iniciativa dirixida a mozos e mozas menores de 35 anos para axudarlles a atopar un posto laboral. O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, inaugurou hoxe o curso que se iniciou no Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil de Galicia, emprazado en Santiago. O proxecto, que se desenvolve por primeira vez, comezou coa participación dun grupo de 15 persoas aos que se lles realizará unha ficha individualizada da súa situación laboral. Polo tanto, todos os participantes terán un seguimento individual para a resolución das súas dúbidas. O obradoiro está enmarcado no programa de actividades que a Dirección Xeral de Xuventude está a desenvolver a través da oficina de emancipación xuvenil que o Goberno galego puxo en marcha en decembro de 2009. Neste tempo, realizáronse un ciclo de 62 xornadas nos concellos sobre emancipación e información xuvenil e 82 obradoiros de orientación laboral. Todas estas accións chegaron a máis de 2.750 mozos e mozas. Ademais, a Dirección Xeral de Xuventude conta co apoio dun programa de dinamizadores xuvenís, que levan a cabo estes obradoiros nos concellos e no ámbito territorial dos espazos xove da rede galega de centros de xuventude. O curso que comezou hoxe constará de tres sesións de tres horas cada unha. Así, as próximas dúas clases terán lugar os xoves 23 e 30 de xuño. Trátase dun obradoiro experimental polo que dependendo dos seus resultados e da valoración dos propios participantes decidirase si se programarán máis cursos e si se ampliarán a outras localidades da xeografía galega. Os contidos deste primeiro obradoiro centraranse tanto na busca de traballo por conta allea como á posta en marcha de iniciativas emprendedoras. O curso será eminentemente práctico. Os mozos e mozas interesados en atopar un traballo por conta allea recibirán axuda para elaborar a súa carta de presentación e o seu curriculum vitae, ao tempo que se lles prestará consellos para acudir a unha entrevista de traballo. Pola súa banda, os alumnos que prefiran poñer en marcha unha iniciativa emprendedora contarán con información dos cursos de formación que existen neste eido, así como das axudas á empregabilidade. Ademais, recibirán asesoramento para poder desenvolver un correcto plan de empresa. A primeira parte de cada sesión correrá a cargo dun experto en selección de persoal e dun profesor universitario experto en selección e orientación laboral. A segunda parte contará coa presenza de responsables da oficina de emancipación xuvenil e do propio director xeral de Xuventude.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: