a xunta licita os traballos DE REFORZO DO ABASTECEMENTO DE AUGA POTABLE EN SANTA MARÍA DE OIA QUE BENEFICIARÁ AOS VECIÑOS DESTE NÚCLEO

  • O Diario Oficial de Galicia publica este contrato de obra pública por un importe de máis de 350.000 euros
  • A obra suporá reforzar abastecemento de auga no municipio, co obxectivo de mellorar a subministración á poboación
  • O prazo de execución será de 12 meses e permitirá ofrecer servizo aos más de 3.200 habitantes actuais e atenderá ao incremento demográfico que se está a producir nesta zona

Santiago, 17 de xuño de 2011.- O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a licitación para construír un depósito de abastecemento neste concello e así reforzar a subministración de auga potable no municipio co obxectivo de mellorar o servizo.

Esta actuación executarase en virtude un convenio de colaboración técnica e financeira entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas co Concello de Oia, en Pontevedra. O obxectivo fundamental consiste en solucionar os problemas de abastecemento que padecen os habitantes da zona, sobre todo na época estival, coa repercusión que isto conleva nunha zona onde o sector turístico é importante. Ademais, garantirase tamén a subministración ao novo centro de saúde e ao campo de fútbol municipal. A Consellería de Medio Ambiente investirá máis de 357.000 euros neste proxecto, que se repartiran en dúas anualidades, e que permitirá ofrecer servizo aos máis de 3.200 habitantes actuais e aos futuros veciños, xa que esta zona está a experimentar un aumento demográfico debido á proximidade do concello de Vigo e á zona turística de Baiona.

Características técnicas

As obras proxectadas consisten na execución dun depósito de 250 metros cúbicos de capacidade no barrio da Riña, no núcleo de Santa María de Oia. O depósito situarase nunha parcela de titularidade municipal, nas proximidades dun pozo de barrena executado durante unhas obras de emerxencia levadas a cabo no verán de 2010. A instalación disporá de dous vasos de 10,5×4 metros en planta, cada un, e 3,5 m de altura; con muros e lousa de formigón. A súa función será almacenar a auga proveniente do pozo de barrena, e eventualmente doutro pozo existente situado nas proximidades do campo de fútbol. Desde o depósito darase servizo ao novo centro de saúde e ao campo de fútbol mediante unha tubaxe que discorre por vías públicas. Segundo marca o convenio aprobado polo Consello da Xunta, o Concello de Oia deberá aprobar o proxecto, solicitar ao organismo autonómico Augas de Galicia o financiamento do 100 % do custo das obras, e achegar os terreos necesarios para executar os traballos.

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: