Noticias Ayuntamiento de Vigo – 17-06-11


Caballero cifra en máis de 370.000 euros o aforro das dedicacións dos concelleiros do goberno

A Xunta de Goberno Local, presidida polo alcalde de Vigo, asinou este venres o réxime de dedicacións do goberno, no que haberá cinco exclusivas e unha parcial máis a do propio Caballero, a metade das 13 dedicacións do anterior mandato. O gasto nos corporativos do goberno actual suma 373.000 euros, polos 741.000 do anterior periodo, unha “rebaixa excepcionalmente importante” que é “mostra de austeridade”.

 



camaravigo.com

O Concello evita unha indemnización millonaria ao adxudicar a xestión da Praza Elíptica á empresa Prazadouro SL

A Xunta de Goberno Local incluíu na orde do día os acordos relacionados coa concesión para xestionar tanto o aparcadoiro coma os locais comercias da Praza Francisco Fernández del Riego. Tal e como explicou o alcalde, Abel Caballero, esta decisión pon fin a un largo contencioso herdado de gobernos precedentes e evitase unha indemnización de 25 millóns de euros.

 


Avishai Cohen inaugura o sétimo Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons e

Comeza unha nova edición de Imaxina Sons o venres 17 de xuño cun esperadísimo concerto do contrabaixista e cantante Avishai Cohen (Xerusalén, 1970) no teatro do Centro Cultural Novacaixagalicia ás 22.30h. A xornada inaugural deste sétimo Imaxina Sons, o primeiro que coordina o compositor Nani García e promovido polo departamento de Cultura do concello de Vigo, comeza coa participación de músicos da Escola A Tempo de Pontevedra en Imaxina na Rúa e rematará no club Xancarajazz co concerto de Gabriel Peso Trío.

 


Xornadas de animación á lectura na Biblioteca Xosé Neira Vilas

Os sábados do mes de xuño e ata mediados de xullo celebrase na Biblioteca Xosé Neira Vilas “Os Sabadiños”, unhas divertidas xornadas de animación á lectura onde se desenvolverán diversas actividades encamiñadas en fomentar nos nenos e nenas o gusto polos libros.

 

CONVOCATORIA PARA O ANO 2011 DO “PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CONTRATACIÓN”, NO MARCO DO PLAN MUNICIPAL DE EMPREGO 2008–2011


A Xunta de Goberno Local, na súa sesión de data 06/06/2011, a proposta da Concellería de Promoción Económica, Emprego e Participación Cidadá, aprobou as bases reguladoras e a convocatoria do ano 2011 do “PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CONTRATACIÓN”, no marco das actuacións do Plan municipal de emprego 2008-2011.

 

CONVOCATORIA PARA O ANO 2011 DO “PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS”, NO MARCO DO PLAN MUNICIPAL DE EMPREGO 2008–2011


A Xunta de Goberno Local, na súa sesión de data 31/05/2011, a proposta da Concellería de Promoción Económica, Emprego e Participación Cidadá, aprobou as bases reguladoras e a convocatoria do ano 2011 do “PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS”, no marco das actuacións do Plan municipal de emprego 2008-2011.

 

Peche ao tráfico da rúa AREAL e o TUNEL DE BEIRAMAR

 


Dispoñibles os calendarios da Vigo Cup 2011

A organización anuncia o calendario de competición da Vigo Cup 2011, que se disputa do 4 ao 10 de xullo en varios campos da cidade e que terá as súas finais no estadio municipal de Balaídos. Con máis de 200 equipos participantes (219), o torneo internacional de fútbol base baterá todas as marcas de participación e número de partidos.

 


Espectáculo “Emoción e Palabras” Fundación Igual Arte no Verbum

O sábado 18 de xuño, de 20 a 21 horas e con entrada gratuíta para todos os asistentes ata completar aforamento, terá lugar no museo Verbum – Casa das Palabras o espectáculo “Emoción e Palabras” da Fundación Igual Arte – Espectáculo de expresión corporal.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: