O VIGUÉS EDIFICIO ‘CAMBÓN’ ACOLLERÁ O CENTRO DE INTERPRETACIÓN E A SEDE DO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS

  • A Consellería do Medio Rural e o Marm reforzan a súa colaboración para a xestión, fomento e promoción deste espazo natural

  • O director xeral de Conservación da Natureza, a delegada da Xunta en Vigo e a directora do Organismo Autónomo Parques Nacionales avanzaron hoxe nas liñas de cooperación, nunha xuntanza na propia cidade olívica

Santiago, 17 de xuño de 2011.- O director xeral de Conservación da Natureza da Consellería do Medio Rural, Ricardo García-Borregón, xunto coa delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, e a directora do Organismo Autónomo Parques Nacionales (OAPN, que depende do Marm), Olga Baniandrés, anunciaron esta mañá en Vigo que o edificio Cambón acollerá o Centro de Interpretación e a sede do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Este emblemático inmoble, situado no casco vello da cidade olívica, abrirá as súas portas como sede administrativa do espazo natural, trasladándose desde o Cetmar.

Colaboración

O titular de Conservación da Natureza e a representante do Marm explicaron os detalles da colaboración entre a Xunta e o Goberno Central en relación coa xestión, fomento e promoción do Parque Nacional, que depende da Consellería do Medio Rural. En relación co edificio Cambón, ambas administracións traballarán no deseño e realización dos contidos do Centro de Interpretación do Parque, que tamén se situará neste inmoble. A Consellería do Medio Rural e o Ministerio crearán unha comisión de traballo para dotar este Centro de Interpretación de diferentes contidos divulgativos e educativos.

Perfecto complemento do Parque

Ambos responsables destacaron que este Centro de Interpretación é un perfecto complemento do propio Parque á hora de poñer en valor os seus recursos naturais e que está situado nun lugar estratéxico, en pleno casco vello de Vigo e preto da zona de atraque de transatlánticos. Será, pois, en palabras de Ricardo García-Borregón, “un verdadeiro revulsivo para o coñecemento do espazo natural e tamén como importante centro de educación ambiental”. Precisamente a directora do OAPN aproveitou a súa estadía en Vigo para coñecer as instalacións da futura sede, situada na rúa Palma, en compañía do director xeral de Conservación e a delegada da Xunta. Tamén se desprazaron ata o arquipélago das Cíes, onde os responsables da xestión do Parque lles explicaron as accións máis significativas que se están a desenvolver en materia de conservación da biodiversidade e protección de hábitats e especies (en especial as de control de especies invasoras de fauna e flora), así coma os tratamentos no medio forestal.

Vídeo sobre o Parque

Hoxe tamén se presentou un vídeo sobre diversos aspectos relacionados co Parque. Este audiovisual bilingüe (galego e castelán) ten unha duración de uns 45 minutos e, ademais de presentar o espazo natural, explica os seus principais recursos, con especial atención ás aves e o medio mariño, abordando tamén o seu futuro e temas relacionados coa etnografía e a cultura, entre outros aspectos. Este vídeo estará colgado nas páxinas web da Xunta de Galicia e do Ministerio, e poderá descargarse para facilitar o seu coñecemento e uso por parte de centros educativos, investigadores, etc. A colaboración entre a Xunta e o Marm, segundo explicaron nesta rolda de prensa, amplíase a cuestións como a formación e a especialización de informadores e técnicos do Parque Nacional.

Plan de Uso e Xestión

Nesta xuntanza de traballo falouse tamén das liñas xerais do Plan Reitor de Uso e Xestión (PRUX) do Parque Nacional que, segundo avanzou o director xeral de Conservación da Natureza, pronto se someterá a exposición pública para enriquecerse coas diferentes aportacións dos axentes interesados.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: