UNS 900 COIDADORES NON PROFESIONAIS RECIBIRÁN FORMACIÓN ESPECIALIZADA EN ATENCIÓN A PERSOAS CON ENFERMIDADE MENTAL OU DEMENCIA

  • A iniciativa, que se desenvolverá por toda Galicia, implementa accións formativas non formais e de apoio para os familiares das persoas con dependencia
  • Estas actuacións serán de carácter voluntario para os interesados e están encadradas dentro do sistema para a promoción da autonomía e atención á dependencia
  • Os cursos comezaron este mes e prolongaranse ata o próximo mes de novembro

Santiago, 17 de xuño de 2011.- A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral da Dependencia e Autonomía Persoal, formará a preto de 900 coidadores non profesionais de persoas dependentes co fin de proporcionarlles coñecementos especializados na atención a persoas con enfermidade mental ou demencia. Esta actividade inscríbese no programa ‘Xuntos nos coidados’ que ten posto en marcha o departamento autonómico para apoiar a este colectivo de coidadores. Estas actuacións, que contan coa colaboración da Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias (FAGAL) e a Confederación Española de Agrupaciones de Familiares y Personas con Enfermedad Mental (FEAFES), desenvolveranse por toda Galicia; e serán de carácter voluntario e encadradas dentro do sistema para a promoción da autonomía e atención á dependencia. Así, os alumnos serán seleccionados e convocados directamente pola Dirección Xeral atendendo a criterios de proximidade á actividade formativa, ao tempo de permanencia nos coidados; e segundo o grao e nivel de dependencia recoñecido. Os cursos comezaron este mesmo mes de xuño, e prolongaranse nas catro provincias galegas ata o mes de novembro. Ademais, de non completarse o cupo de alumnos por cada actividade formativa dentro do Sistema de Atención á Dependencia (SAAD), poderán optar outros coidadores non profesionais no marco do sistema de servizos sociais, a través das correspondentes entidades asociativas ou dos servizos sociais comunitarios. No transcurso destas actuacións distribuiráselles aos coidadores participantes os manuais de apoio as accións de formación para coidados no contorno familiar de persoas con enfermidade mental e persoas con demencia, respectivamente, elaborados pola Dirección Xeral de Dependencia e Autonomía Persoal en colaboración coas entidades. O obxectivo de toda a iniciativa é prestar apoio aos coidadores non profesionais que desenvolven esta complexa tarefa. As accións de apoio a formación de coidadores familiares pretenden contemplar o desenvolvemento de todas as áreas de intervención pertinentes e inciden especialmente nunha tripla vertente: coñecementos, adestramento en habilidades e desenvolvemento de actitudes adecuadas. Os contidos a destacar son a promoción da autonomía persoal e a atención ás situacións de dependencia na súa dobre dimensión individual e social; a dimensión sociosanitaria da demencia e da enfermidade mental; técnicas para mellorar a comunicación coas persoas que teñen deterioro cognitivo ou con enfermidade mental; manexo e afrontamento de condutas difíciles; o coidado do coidador e outros aspectos éticos a ter en conta como a preservación da autonomía persoal.

 

Asemade, a Consellería de Traballo e Benestar e a Consellería de Sanidade veñen de poñer en marcha un teléfono de consulta e de apoio aos coidadores non profesionais (902 400 116), co obxectivo de informar e aportar solucións ás situacións sanitarias non urxentes, aos coidados asistenciais, probas médicas, prevención e hábitos saudables, centros e servizos sanitarios e apoio psicolóxico. Aquelas persoas interesadas en participar nestas actuacións poden dirixirse aos equipos de valoración de dependencia das xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar, e ao teléfono de información 900 333 666.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: