DECLARACIÓNS DO DEPUTADO E SECRETARIO XERAL DO PSdeG-PSOE DE VIGO, MANEL GALLEGO LOMBA, SOBRE OS NOMEAMENTOS DE CORINA PORRO E IGNACIO LÓPEZ CHAVES COMO PRESIDENTA DO CONSELLO ECONÓMICO E SOCIAL E PRESIDENTE DA AUTORIDADE PORTUARIA, RESPECTIVAMENTE

Vigo, 18 de xuño de 2011. “O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo,  engana novamente a Vigo co nomeamento de Corina Porro como nova presidenta do Consello Económico e Social. É un auténtico fraude á democracia o feito de que Porro encabezara a candidatura popular á Alcaldía de Vigo e, como perde, unha vez máis abandone o Concello.  Nós,  os  socialistas xa vaticinamos  esta fuxida durante a campaña  electoral,  unha  confirmación que  deteriora  aínda  máis  a imaxe do señor Feijóo e da señora Porro nesta cidade..

Esta  decisión  deixa  ao  señor  Figueroa  como  un  portavoz absolutamente  deslexitimado,  xa  que  nunca  se  presentou  como candidato  a  unhas  eleccións  e  non  foi  elexido  polo  grupo  Esta situación é outra gran mentira de Núñez Feijóo a Vigo: presentan a Porro como cartel para deixar no Concello a Figueroa.
Respecto do nomeamento de Ignacio López Chaves como presidente da  Autoridade  Portuaria  de  Vigo,  hai  que  dicir  que  supón  o nomeamento da persoa máis politizada posible como responsable do Porto. Carece de capacidade para desempeñar esta responsabilidade e  ten  nulo  coñecemento  sobre  xestión  portuaria.  A  única especialidade pola que ten recoñecemento o concelleiro popular é a súa  predilección  pola  bronca  política,  tal  e  como  ten  demostrado últimamente..

Núñez Feijóo ten despreciado gravemente á comunidade portuaria, que solicitaba un perfil  técnico para este posto, unha solicitude que xa fora rexeitada  polo presidente da Xunta co nomeamento de Porro. Deste xeito, Feijóo volve desprezar a Vigo nunha clara aposta pola bronca, pola confrontación e pola politización da xestión pública”.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: