JAVIER GUERRA REITERA O SEU APOIO Á CONTINUIDADE DE ALFAGEME PARA O MANTEMENTO DO PROXECTO INDUSTRIAL E DO EMPREGO

  • O conselleiro aposta en firme diante dos representantes dos traballadores da conserveira polo futuro do proxecto industrial e polo emprego
  • O Goberno galego leva meses traballando na procura dunha solución para Alfageme centrada no mantemento do maior número posible de traballadores
  • Javier Guerra informou aos traballadores que a Consellería de Economía e Industria vén de de renovar o seu compromiso e disposición, a través do Igape, de respaldar a viabilidade e reactivación do proxecto industrial de Alfageme mediante apoios concretos

Santiago, 22 de xuño de 2011.- O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, reiterou hoxe o seu firme apoio á continuidade do proxecto industrial de Alfageme e ao mantemento do maior número de postos de traballo neste grupo conserveiro, unha vez que o proceso xudicial de liquidación no que está inmerso a conserveira se clarifique para manter a actividade das factorías de Ribadumia e Vilaxoán. Así o explicou aos representantes dos traballadores de Alfageme o propio conselleiro nun encontro que mantiveron en Pontevedra, e no que lles trasladou que a Xunta de Galicia vén mobilizando todos os medios e esforzos posibles para procurar unha solución de viabilidade que permita manter o proxecto industrial da conserveira Alfageme e a maior parte do seu cadro de persoal. Nesta liña, Javier Guerra informou aos traballadores que a Consellería de Economía e Industria vén de de renovar o seu compromiso e disposición, a través do Igape, de apoiar a viabilidade e reactivación do proxecto industrial de Alfageme mediante apoios concretos para salvar o negocio conserveiro e os postos de traballo. Durante todo o proceso, a Consellería de Economía e Industria ten buscado o consenso e o traballo en común cos representantes dos traballadores, desde o convencemento de que así haberá maiores garantías de dar coa mellor solución para o futuro da conserveira e do seu cadro de persoal nas factorías de Vilaxoán e Ribadumia, baixo a xestión dun empresario solvente.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: