O GOBERNO DE ABEL CABALLERO PROPÓN MÁIS MEDIDAS DE AUSTERIDADE NA DESIGNACIÓN DE ASESORES E AUXILIARES

A proposta foi remitida hoxe aos voceiros do BNG e PP

  • A proposta de designación concrétase en dous asesores e dous administrativos por grupo.

  • A medida supón un importante aforro que se suma a redución do 15% dos salarios do alcalde e concelleiros con dedicación exclusiva.

Vigo, 22 de xuño de 2011.O Goberno de Abel Caballero propón que os grupos políticos con representación municipal, PP, PSOE e BNG, teñan só dous asesores e dous auxiliares por grupo reducindo o persoal eventual ao mínimo imprescindible para realizar o traballo con dignidade. O concelleiro de Xestión Municipal e voceiro do grupo municipal socialista, Carlos López Font, remitiu hoxe aos voceiros do BNG, Santiago Domínguez e do PP, Corina Porro, unha carta na que propón estas medidas de austeridade na designación de asesores e auxiliares. Continuando coa senda de aforro e contención do gasto que imprimiu o alcalde ao inicio deste mandato a proposta de designación remitida concrétase en dous asesores e dous administrativos por grupo, de xeito que todos teñan o mesmo número de eventuais. A carta enviada hoxe recorda ademais que esta proposta supón, respecto ao mandato anterior, un importante aforro en liña coa redución do 15% dos salarios do alcalde e os concelleiros con dedicación exclusiva aprobada o pasado mes de xuño.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: