Archivo | junio 22, 2011

Comunicado Provigo- Ayuntamiento de Vigo

Vigo, 22 de xuño 2011. A Fundación Provigo quere aclarar que, segundo as contas auditadas de 2010 e presentadas na reunión do Padroado celebrada hoxe, a Xunta debe nestes momentos 46.000 euros á Fundación, aos que hai que sumar 6.000 euros de xes  Galicia. Esta cantidade corresponde as cotas impagadas da Administración autonómica de 2009 e 2010 -45.000 cada exercicio, o que fan 90.000 euros- máis a cota de Xes Galicia de 2010 – 6.000 euros-. O que a Xunta de Galicia abonou a principios deste ano foi unha subvención, a través dun convenio, para gastos correntes por importe de 44.160 euros. Isto significa que a débeda da administración autonómica nestes momentos é de 46.000 euros ao que hai que engadir os 6.000 euros de Xes Galicia.

No caso da Deputación de Pontevedra, a cifra de débeda ascende a 60.000 euros.

 

 

 

Autorización Fogueras de San Xoán – Vigo Comunicado

Vigo, 22 de xuño 2011.– Tras a revisión realizada polo servizo municipal de bombeiros, dependente da consellería  de Seguridade,  as fogueiras  de San Xoán autorizadas  son as seguintes:
“A.  Amigos  Outeiro-Beade;  AA.VV.  A Nosa Terra Alcabre;  A.V.C.  San Xurxo;  Irmandade Santa Ana-Beade; Club de Campo de Vigo; S.C.D. Atlántida de Matamá; C.S.C.D.R. Val do Fragoso; AA.VV. San Mamed de Zamáns; C.Cultural e Veciñal de Valadares; AA.VV. Santa Mariña de Cabral;  C.R.A.C.  de Coruxo;  Asociación Festa dos Liñares;  A.V.C.D.  Monte da Mina; S.C.D. Nautilus; San Xoán Bautista Freixo e Real Aeroclub de Vigo.
Deste xeito quedan aínda pendentes para última revisión as fogueiras de A.V.C. Casco Vello e Asociación Nova Vida. Ademais resultaron denegadas S.D. Atletismo San Miguel de Oia e AA.VV Dr. José Casas.”
Carlos López Font
Concelleiro de Seguridade, Tráfico e Transporte

GUERRA SALIENTA O FONDO XES-POSIBILITA COMO INSTRUMENTO PARA FACILITAR O EMPRENDEMENTO DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE

  • O conselleiro de Economía e Industria inaugurou unha xornada sobre esclerose múltiple e emprego e destacou o potencial dos emprendedores para achegar o pulo innovador que Galicia precisa
  • Javier Guerra destacou os servizos de formación e titoría que ofrece o seu departamento a través de BIC Galicia para facilitar a posta en marcha de novas empresas e para facilitar a súa consolidación
  • Destacou tamén programas do Igape como o re-Emprende ou o re-Imaxina destinados a apoiar os investimentos dos novos emprendedores Leer Más…

A ESCOLA INFANTIL DE MOS COTO TORRÓN INICIA MAÑÁ A SÚA ACTIVIDADE CUNHA XORNADA DE PORTAS ABERTAS

  • O investimento total da Xunta nesta infraestrutura superou os 480.000 euros
  • A rede A Galiña Azul duplica a súa oferta de prazas en Mos, onde xa funciona a escola de Porteliña

Santiago, 22 de xuño de 2011.- A nova escola infantil A Galiña Azul de Mos “Coto Torrón” inicia mañá a súa actividade cunha xornada de portas abertas. Entre as 16,00 e as 18,00 horas as familias poden levar aos nenos e nenas para que coñezan as instalacións e ao persoal do centro. A nova escola, que oferta un total de 41 prazas para nenos e nenas de entre 0 e 3 anos, contou cun investimento total de máis de 480.000 euros por parte da Consellería de Traballo e Benestar. Leer Más…

Noticias Ayuntamiento de Vigo -22-06-11


Caballero avanza que a humanización de Areal rematará a finais de ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Fomento, David Regades, visitaron este mércores os traballos de humanización da rúa Areal, que estarán rematados a finais deste ano, cun investimento municipal de millón e medio de euros. Para entón tamén estará rematada a construcción do aparcamento soterrado coa humanización da superficie. “Estamos abrindo unha cidade nova”, apuntou Caballero.


A Concellería de Seguridade recibiu 20 solicitudes para realizar fogueiras na noite de San Xoán

O servizo municipal de Bombeiros, dependente da Concellería de Seguridade que dirixe o socialista Carlos L. Font, está a avaliar as solicitudes recibidas para a realización de fogueiras na noite de San Xoán de Vigo. De cara a ser autorizadas, os bombeiros están a inspeccionar cada unha das peticións antes da celebración, para garantir a máxima seguridade da cidadanía.

O CCVV saca en réxime de aluguer os primeiros 11 locais comerciais para dinamizar a economía do barrio con novos proxectos emprendedores

  • Lucía Molares anunciou hoxe que o Consorcio Casco Vello adxudicará os locais comerciais mediante concurso logo dunha convocatoria pública anunciada no Boletín Oficial da Provincia (BOP).
  • O criterio de selección será por puntuación, valorando 3 aspectos: 1) os plans de empresa; 2) o perfil dos e das solicitantes outorgando maior puntuación ás persoas que estean desempregadas ou aos que creen maior número de empregos, e prevalencendo –en caso de empate- os proxectos liderados por mulleres e, por último, 3) a proposta económica. Leer Más…

Cominicado del FC Caselas

El Caselas F.C. convoca a todos sus socios y simpatizantes a la Asamblea General Extraordinaria que se celebrará este sábado día 25 de julio a las 20:30 horas en primera convocatoria y a las 21:00 horas en segunda convocatoria, la cita es en el salón de reuniones del Campo de Fútbol Municipal de la Gandara. Entre los puntos a tratar figuran los siguientes:
  • Presentación del balance económico de la temporada 2010/2011
  • Renovación de la Junta Directiva por dimisión de miembros que la componen actualmente
  • Ruegos y preguntas.
El Caselas F.C. como club de fútbol histórico en la comarca HACE UN LLAMAMIENTO a todos sus socios para que acudan a esta importante Asamblea, pues así como es importante la asistencia a los partidos domingo a domingo, también es importantísima la fiscalización y control de la gestión hecha por los responsables del club durante el último año. Un club lo conforman los directivos, los socios, los empleados y los jugadores.

FIGUEROA AFIRMA QUE O GRAN PROBLEMA DA FUNDACIÓN PRO VIGO É CABALLERO

Pídelle ó alcalde que por unha vez sexa serio e que presente o balance, os logros e a actividade da Fundación

Nin a Xunta, nin a Deputación: o gran problema da Fundación Pro Vigo e o único culpable da situación na que se atopa é Caballero, que a converteu nun organismo inoperante, sen contidos, sen programa e sen proxecto>, declarou hoxe o vicepresidente da institución provincial, José Manuel Figueroa, para sair ó paso das manifestacións do alcalde de Vigo, Abel Caballero, sobre esta entidade. Leer Más…

VI ANIVERSARIO LA FÁBRICA DE CHOCOLATE CLUB – FIESTA INAUGURACIÓN VIGO TRANSFORMA

La Fábrica de Chocolate Club cumple seis añitos y para celebrarlo tenemos un fin de semana muy especial:

VIERNES 24: Fista de los 90. Con Dj Quique, Dj Santi, Dj Lagartija y Dj Bianchi. Leer Más…