A LEI DE XUVENTUDE CREARÁ UNHA ESCOLA GALEGA ESPECIALIZADA NA EDUCACIÓN NON FORMAL DA MOCIDADE

  • O director xeral de Xuventude e Voluntariado presentou hoxe o anteproxecto da Lei de Xuventude de Galicia nun acto en Vigo
  • A Escola Galega de Xuventude ocuparase de avaliar e conformar os cursos que impartan as escolas de tempo libre, elaborar a programación anual de cursos e actividades formativas para que teñan un carácter estratéxico e innovador, e emitir os informes e realizar os estudos que lle soliciten

Vigo, 23 de xuño de 2011.- A primeira Lei de Xuventude de Galicia incluirá a creación da Escola Galega de Xuventude como órgano especializado na educación non formal relacionada coa mocidade, adscrito ao órgano superior competente na materia.O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, referiuse hoxe á creación desta escola durante a presentación do anteproxecto desta Lei nun encontro provincial celebrado na Delegación territorial da Xunta en Vigo. Na súa intervención, Rodeiro explicou que esta escola velará polo nivel técnico das ensinanzas impartidas polas escolas de tempo libre, nos termos establecidos na Lei. Ademais, ocuparase de avaliar e conformar os cursos que impartan as escolas de tempo libre, elaborar a programación anual de cursos e actividades formativas para que teñan un carácter estratéxico e innovador, e emitir os informes e realizar os estudos que lle soliciten. Desta forma garantirase un dos elementos vertebradores da Lei, que ten que ver co reforzamento da formación en materia de xuventude. Así mesmo, a Lei traballará para impulsar o dereito á información da mocidade como garantía dunha efectiva participación; a planificación como necesidade para dotar de maior coherencia as políticas de xuventude, de xeito que o plan estratéxico será vinculante; e a igualdade como principio básico que garanta a non discriminación por razón de idade, sexo ou calquera outro feito diferencial. Tamén se contemplará o impulso da participación xuvenil, o que se reflicte no novo modelo de Consello Asesor e Consultivo, onde se reforza a participación das asociacións xuvenís e se incentiva a creación de consellos locais co 51% de peso na asemblea entre os dous grupos; e a acción unitaria de goberno a través dunha maior transversalidade e coordinación dos diferentes departamentos así como entre as administracións, mantendo a autonomía local. A Dirección Xeral levará a cabo ao longo do mes de xuño a presentación do borrador a través de catro encontros provinciais e trece foros de debate con técnicos, entidades xuvenís, asociacións xuvenís, escolas de tempo libre, grupos informais de mozos e mozas interesados en participar e aportar propostas de mellora ao mencionado borrador. Despois de presentar esta iniciativa en Gandarío, Ourense e Vigo, mañá celebrarase un acto no LUG II, en Lugo. Así mesmo realizaranse 13 foros de debate nos espazos xove da Rede Galega de Centros de Xuventude de Carballo, Curtis, Noia, Pontedeume, Ourense, Vilagarcía, Tui e Chantada, así como no Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil de Galicia en Santiago, o día 27 de xuño as 20.00 horas. Á mesma hora, o día 28 os foros celébranse nos espazos xove de Betanzos, Lalín, Vilalba e  Viveiro. Todos os interesados en asistir a estes encontros participativos poden dirixirse aos Servizos Territoriais de Xuventude da súa provincia e aos espazos xove da Rede galega de centros de xuventude mencionados anteriormente.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: