MAR AMOSA A SÚA PREOCUPACIÓN POLA TARDANZA DO ESTADO NA ORGANIZACIÓN DO APOIO LOXÍSTICO NA COSTEIRA DO BONITO

Santiago, 23 de xuño de 2011.- A Consellería do Mar amosa a súa preocupación pola tardanza do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño na celebración da reunión para organizar a presenza dos medios técnicos e humanos de apoio á frota boniteira. Cabe lembrar que a Xunta de Galicia viña aportando tradicionalmente dous barcos polivalentes e dous helicópteros para atender as necesidades e emerxencias que poidan xurdir no seo da frota que se dedica á captura do Bonito do Norte durante a campaña estival e, na cal, a frota galega participa activamente.

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, remitiu unha carta á secretaria general del mar, Alicia Villauriz, solicitando información sobre o desenvolvemento do operativo para este ano no que non foi requirida a presenza de medios galegos para a costeira a pesar de que xa comezou. Nesta xuntanza, que viña sendo habitual nos últimos anos e que se celebraba semanas antes do inicio da campaña, participaban os responsables dos servizos que aportaban medios técnicos e humanos.

Na misiva, a conselleira lamenta “a importante demora” desta reunión e espera unha pronta recepción de noticias sobre o desenvolvemento do operativo para o que os medios galegos non foron requiridos este ano.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: