O PARLAMENTO RESPALDA O REXEITAMENTO DO GRUPO POPULAR Á AMPLIACIÓN DE RANDE PROXECTADA POR FOMENTO E PIDE PRIORIZAR A CONSTRUCIÓN DA A-57 E A TRANSFERENCIA DE AP-9 A GALICIA

O voceiro de Infraestruturas do PPdeG lembrou que a concesionaria da autoestrada do Atlántico, Citigroup, descartou recentemente iniciar as obras de ampliación da AP-9 sen ter acordado a compensación polo seu investimento, “co cal se evidencia que se está a negociar un incremento da peaxe”.

  • O proxecto de ampliación da ponte de Rande “non soluciona os problemas de acceso viario a Vigo”, salientou Gómez Alonso, quen destacou que se trata “dun proxecto insolvente”.

Tras o anuncio de autorización do Consello de Ministros ao proxecto do Ministerio, a Comisión de Obras Públicas aproba unha iniciativa defendida por Gómez Alonso, quen reiterou que ese proxecto “é lesivo” para os intereses de Chapela

Santiago, 23 de xuño de 2011.- O Parlamento galego respaldou hoxe a postura de rexeitamento do Grupo Popular á ampliación da Ponte de Rande proxectada polo Ministerio de Fomento, coa aprobación dunha iniciativa dos populares na que se pide tamén priorizar a construción da autovía A-57 entre Pontevedra e Confurco e a transferencia da AP-9 a Galicia. A proposición non de lei demándase, ademais, que se aprobe a alternativa nº 11 da A-59 (Pazos de Borbén-Os Valos-Peinador) para conectar a A-57 co aeroporto e que se replantexe o proxecto de ampliación de Rande para mellorar a súa funcionalidade e minorar as afeccións.

Tras o anuncio, feito o pasado mes de maio, de autorización do Consello de Ministros ao proxecto do Ministerio, a Comisión de Obras Públicas aprobou hoxe, cos votos favorables de PPdeG e BNG –que acadaron unha transacción- e co voto en contra dos socialistas, esta iniciativa defendida por Gómez Alonso, quen reiterou que ese proxecto “é lesivo” para os intereses de Chapela. O voceiro de Infraestruturas do Grupo Popular sinalou tamén que o anuncio de ampliación de Rande fíxose “por intereses electorais do señor Caballero”.O proxecto de ampliación previsto polo Ministerio de Fomento implica un incremento da actual vía en tres carrís por sentido, nunha extensión de 3,50 metros exterior á actual calzada. Un proxecto que o Grupo Popular considera desproporcionado e prexudicial e que afecta dun xeito especial á parroquia de Chapela, na que involucra ao centro de saúde, o colexio público e o pavillón polideportivo, ademais de a empresas, locais comerciais, vivendas e edificios.

INCREMENTO DA PEAXE

Gómez Alonso salientou que o proxecto previsto non arranxará os problemas de colapso de acceso a Vigo e suporá un incremento da peaxe da AP-9 desde Pontevedra á cidade olívica. O proxecto de ampliación da ponte de Rande “non soluciona os problemas de acceso viario a Vigo”, salientou Gómez Alonso, quen destacou que se trata “dun proxecto insolvente”.O parlamentario destacou que o deseño proxectado non contempla, respecto á entrada a Vigo, a ampliación de calzadas nin dos túneles de Candeán. Ademais, apuntou que a ampliación debera estar suxeita á correspondente Declaración de Impacto Ambiental.Doutra banda, o voceiro de Infraestruturas do PPdeG lembrou que a concesionaria da autoestrada do Atlántico, Citigroup, descartou recentemente iniciar as obras de ampliación da AP-9 sen ter acordado a compensación polo seu investimento, “co cal se evidencia que se está a negociar un incremento da peaxe”.

 

O deputado resaltou, así mesmo, os cambios de opinión do ministro, quen “puxo en cuestión o proxecto actual ás poucas semanas de tomar posesión do seu cargo”, momento no que priorizou a construción da autovía A-57 e afirmou que non faría a ampliación de Rande mentres non houbese unha autovía alternativa. Porén, lamentou Gómez Alonso, e malia compartir as administracións central e autonómica a urxencia da A-57, o ministro “anunciou posteriormente na cidade de Vigo unha nova postura, ao priorizar novamente a ampliación da ponte cun carril máis en cada dirección, por un importe de 272 millóns de euros”.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: