FERNÁNDEZ CURRÁS APOSTA POLO PLAN ESTRATÉXICO COMO MEDIO PARA AUMENTAR A INTERNACIONALIZACIÓN E A COMPETITIVIDADE DAS EMPRESAS GALEGAS

A conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, apostou hoxe por incrementar a internacionalización e a competitividade das empresas galegas a través do Plan Estratéxico Galicia 2010-2014 Horizonte 2020 elaborado pola Xunta de Galicia. Fernández Currás salientou que este plan asume como obxectivos e prioridades propias os principios orientadores da estratexia económica da Unión Europea “que se formulan a partir do crecemento económico sostido nun crecemento intelixente baseado na coñecemento e a innovación; sostible cun uso máis eficaz dos recursos; e integrador priorizando unha economía con un alto nivel de emprego”. A titular de Facenda exerceu como madriña da III promoción do Máster en Comercio Internacional da Universidade de Vigo e resaltou o valor “do esforzo, dedicación e sacrificio tanto dos alumnos como das súas familias”; así como a importancia do compromiso que adquiren as universidades coa sociedade e coa formación de calidade. Ademais, no seu apoio a esta III promoción sinalou que agora con este máster, dispoñen dunha ferramenta máis e de gran valor, como é “a de coñecer á perfección a estratexia de internacionalización dunha empresa” Neste sentido, sinalou que o Plan Estratéxico de Galicia integra os obxectivos e as prioridades estratéxicas que compoñen unha política capaz de construír unha referencia para a sociedade. Subliñou que constitúe por riba de todo “un apoio para o tecido produtivo, coa finalidade de aumentar a riqueza de Galicia e o benestar dos seus cidadáns, mediante o incremento da competitividade nun mercado globalizado baseado na produtividade e na innovación”. Así, resaltou tamén o papel da cohesión económica, a internacionalización das empresas galegas, a atracción de investimentos exteriores e as infraestruturas loxísticas “como ferramentas indispensables para gañar músculo industrial e empresarial e incrementar a competitividade da economía galega”.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: