FUNDACIÓN OTERO PEDRAYO: Entrega do Premio Trasalba 2011 a Ramón Lorenzo

Domingo 26 de xuño

A Fundación Otero Pedrayo homenaxea a

RAMÓN LORENZO

en Trasalba

A Fundación Otero Pedrayo celebra o domingo a súa tradicional festa literaria.

Ramón Lorenzo recibirá ese día o Premio Trasalba.

A memoria de Ramón Otero Pedrayo volverá convocar unha nutrida representación da cultura galega na casa grande de Cimadevila, na parroquia de Trasalba, concello de Amoeiro, nun acto literario ao que asisten case medio millar de persoas. Nesta edición entregarase o Premio Trasalba a Ramón Lorenzo, catedrático de Lingua e Literatura Galega da Universidade de Santiago, cofundador do Instituto da Lingua Galega en 1971, poeta, especialista en léxico e lingua medieval, editor da “Crónica troyana” e de importantes textos do literatura da Idade Media, fundador e director da revista “Dorna”, académico da RAG, tradutor, e membro do grupo Brais Pinto.

A Comisión de Goberno da Fundación, encargada de designar anualmente a persoa á que se lle dedica o Premio logo de informar e recadar opinións do conxunto do Padroado, valorou a traxectoria de Ramón Lorenzo, recoñecendo unha vida dedicada ao estudo e defensa da lingua galega: “a figura de Ramon Lorenzo encarna a tradición do estudo e modernización da nosa lingua dende os máis altos niveis da esixencia intelectual, con proxección en universidades e centros de estudo de todo o mundo, así como unha traxectoria ética intachable a prol do noso idioma e da nosa cultura”

Esta é a XXIX edición do Premio Trasalba, que honra a traxectoria dunha figura comprometida coas letras e coa cultura galega; o ano pasado foi concedido ao académico e historiador Xosé Ramón Barreiro. O premio non ten dotación económica, senón afectiva e simbólica. O artista Isaac Díaz Pardo entrega un deseño orixinal, especialmente pensado para a ocasión, e a Fundación Otero Pedrayo entrega un libro-homenaxe á personalidade agasallada, que nesta ocasión leva por título Ramón Lorenzo. Señor das palabras

A encargada de realizar a laudatio do homenaxeado será nesta ocasión Rosario Álvarez Blanco, actual directora do ILGA. No mesmo acto presentaranse os dous últimos libros publicados pola Fundación Otero Pedrayo: Trasalba, terra literaria. Unha viaxe a través da obra de Ramón Otero Pedrayo, e o caderno de actividades didácticas Na Casa Grande de don Ramón.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: