Noticias Ayuntamiento de Vigo 24-06-11


O alcalde coordina un panel de debate nas xornadas “Alternativas sociais e económicas fronte á crise”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, coordina este venres o terceiro panel de debate deste foro que ten lugar en Salamanca ata o próximo domingo, 25 de xuño. En particular, Caballero coordina o panel de debate titulado “Os equilibrios internacionais: un desenvolvemento mundial sostible e compartido”, no que participan, entre outros, Carlos Berzosa, catedrático de Economía e reitor da Universidade Complutense de Madrid.

 


Carmela Silva reitera que o Concello está do lado da legalidade e cumprirá as instruccións xudiciais sobre o edificio de Churruca

A primeira tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo informou dunha reunión mantida hoxe venres cos veciños do edificio de Churruca, con sentencia firme de demolición parcial do TSXG, onde explicou que “son os xuices os que toman as decisións” e “este goberno sempre estará do lado da legalidade”. A partir de aquí, Silva amosouse disposta a pedir instruccións ao Xulgado sobre como operar no caso de que o demandante solicite ao Tribunal renunciar a parte da execución.

 

Vigo non rexistra incidentes na noite de San Xoan

As instruccións e medidas de seguridade propostas polo Concello de Vigo para a noite máis curta do ano deron un bo resultado na cidade, sen incidentes de gravidade por parte do servizo municipal de Bombeiros. Por outra banda, Limpeza retirou 21.500 quilos de residuos e cinzas mediante un dispositivo formado por 44 traballadores e 14 vehículos.

 

O obradoiro Summus Lac clausúrase este sábado cun ensaio aberto na rúa do Príncipe

Promovido pola concellería de Educación pretende formar un grupo de persoas que representen composicións de diversos estilos. Summus Lac busca romper coa perspectiva de coro tradicional creando dinamismo na escena de forma sonora e visual.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: