O PRESIDENTE DA XUNTA DESTACA QUE A “GALICIA SEXTA PROVINCIA” CREA UNHA UTOPÍA GALEGA QUE CONTRIBÚE A INCREMENTAR O SENTIMENTO GALEGUISTA

  • Sinala que con cada nova entrega desta obra Beotas “fainos ver unha galeguidade inesgotable que abrangue todos os campos da actividade humana”

  • Sostén que en “Galicia sexta provincia” Enrique Beotas crea “unha utopía galega” que “non é posible localizar no mapa” pero que “está poboada de seres de carne e óso” que o autor presenta ao lector “cunha completa autopsia intelectual”

Mondariz Balneario (Pontevedra), 24 de xuño de 2011.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que o libro do xornalista Enrique Beotas, Galicia sexta provincia, crea unha utopía galega que contribúe a incrementar o sentimento galeguista. O mandatario galego sinalou que con cada nova entrega desta obra Beotas “fainos ver unha galeguidade inesgotable que abrangue todos os campos da actividade humana”.

Así o manifestou hoxe no acto de presentación do novo volume desta obra na que, en palabras do presidente, “Galicia se agranda e todos notamos unha sobredose de optimismo”.

O mandatario galego apuntou que en Galicia sexta provincia, Enrique Beotas crea “unha utopía galega” que “non é posible localizar no mapa” pero que “está poboada de seres de carne e óso” que o autor presenta ao lector “cunha completa autopsia intelectual”, dixo.

Aludiu deste xeito o presidente ás moitas personalidades vinculadas a Galicia que protagonizan cada unha das edicións deste libro. Feijóo expresou, así, o seu orgullo por sentirse “paisano de galegos notables cuxas palabras e feitos contribúen a hinchar un pouco máis o sentimento galeguista”.

Citou, por exemplo, a Candela Cort e “a súa capacidade para facer sombreiros”; a Bieito Rubido, que exhibe, dixo, “a súa sabedoría xornalística gañada en anos de experiencia e galeguidade”. Tamén, destacou da entrevista con Carlos Devesa que reflicte “o seu amor pola docencia, a pesar dos pesares”, puntualizou. De Darío Villanueva, dixo que no libro “fai honra esa estirpe vilalbesa que tantas glorias dá a Galicia”, e de Elena Pérez Prado asegura que é “a emprendedora que di descoñecer o cansancio”.

Feijóo tivo palabras tamén para Enrique Dans, “galego instalado nas tendencias do futuro”; para Fernando Lens Astray, “humanista militar ou militar humanista”, e para Gregorio Varela Moreiras que “aúna como ninguén nutrición e gastronomía”.

O presidente da Xunta recoñeceu que Beotas actúa coma “un seleccionador nacional” que “alinea” no seu libro a Jano Muñoz, “pintor que ama ás xentes máis que ás paisaxes”, e pon ao seu carón a José María Castellano, “que ve o futuro nas aulas universitarias”; ou a José Salvador Rial, “loitador de profesión”, e a Lola Beccaría, “escritora desde a beleza”.

Núñez Feijóo referiuse a algunhas das reflexións que realizan estes persoeiros entrevistados para este volume e asegurou que todas elas teñen en común a ausencia da política que, sen embargo, recoñeceu, “ofrece a posibilidade de descubrir cada día a grandeza dun pobo”.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

0 Respuestas a “O PRESIDENTE DA XUNTA DESTACA QUE A “GALICIA SEXTA PROVINCIA” CREA UNHA UTOPÍA GALEGA QUE CONTRIBÚE A INCREMENTAR O SENTIMENTO GALEGUISTA”

  1. Dolly Fosbrook dice :

    Hey there, have you seen this amazing new WordPress plugin called the SEOPressor plugin? It’s capable of automating all of your on-page SEO work with a couple of clicks of the mouse. I have been implementing it for the past three months and I now have 14 of my blogs on the first page of Google for extremely competetive terms! I would suggest this tool to anybody doing any sort of SEO. Try it here today before you get left in the dust!

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: