Unísono presenta un ERE de extinción no centro de traballo de Vigo que afecta a outras 151 persoas

A dirección da empresa de telemárketing comunicou a medida ao remate da protesta para rexeitar 40 despedimentos anteriores

VIGO/24-06-11

Unísono anunciou hoxe a presentación dun Expediente de Regulación de Emprego extintivo que afecta a 151 traballadoras e traballadores do centro de Vigo xusto despois de que rematase a concentración convocada polo comité de empresa para rexeitar 40 despedimentos producidos recentemente. A dirección da compañía de telemárketing convocou aos representantes sindicais para entregarlles a documentación e iniciar o período de consulta do ERE. O cadro de persoal de Unísono atopouse coa desagradable sorpresa nada máis reincorporarse ao ao se posto de traballo despois de participar no paro e na concentración convocada diante da sede da Gran Vía viguesa entre as 11.00 e as 12.00 horas. A empresa opta por eliminar máis empregos despedindo nesta ocasión a persoas con contratos indefinidos. Para esta mesma tarde (de 17.00 a 18.00 horas) está prevista unha nova mobilización ás portas da compañía coincidindo coa convocatoria de paro, onde se aproveitará para denunciar a actitude de Unísono e rexeitar o ERE e os máis de 300 despedimentos rexistrados no último ano Durante a concentración, na que participaron máis de 100 persoas, berráronse consignas como “Non á deslocalización”, “Que non nos vacilen, que o traballo vai para Chile” ou “Traballador no paro, patrón colgado”. Dende a sección sindical da CIG na empresa denunciaron que Unísono segue a destruír emprego en Galiza ao tempo que abre novos centros de traballo en países como Chile. Máis información: Clodomiro Montero, secretario nacional de CIG-Banca, Oficinas e Telemárketing: 609 578 898.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: