Archivo | junio 25, 2011

A OBRA DE TEATRO “SILENCIO… VIVIMOS” DA COMPAÑÍA DE BLANCA MARSILLACH CHEGA AO EDIFICIO DA DELEGACIÓN DA XUNTA EN VIGO

  • O espectáculo, basado nos textos de Adolfo Marsillach, representarase o vindeiro mércores día 29 de xuño ás 20.00 horas no salón de actos da Delegación viguesa.
  • A obra está incluída dentro do programa interactivo de teatro para persoas con dispacidade intelectual, física e sensorial.

Vigo, 25 de xuño de 2011.- O salón de actos da Delegación Territorial da Xunta en Vigo será escenario o vindeiro mércores día 29 de xuño da obra de teatro “Silencio… Vivimos”, unha representación da compañía de Blanca Marsillach e Varela Producións que está incluída dentro do programa interactivo de teatro para persoas con discapacidade intelectual, física e sensorial. Basada nos textos de Adolfo Marsillach, a representación teatral será un espectáculo que xorde pola iniciativa de Blanca Marsillach de difundir os beneficios do teatro a grupos específicos de persoas con discapacidade co obxectivo de ser unha axuda á hora de construír ou reconstruír a autoestima dunha persoa. O proxecto, está financiado pola Consellería de Traballo e Benestar. A Delegación Territorial da Xunta espera a asistencia dos colectivos sociais da cidade xa que, aínda que acudirán coma espectadores, terán algún tipo de protagonismo ao longo da representación, co que non serán meros espectadores do espectáculo teatral. A cita será o vindeiro mércores día 29 de xuño ás 20.00 horas. “Silencio… Vivimos” toma o título da produción homónima que protagonizou Adolfo Marsillach a finais dos anos 60 así coma do contido de case todas as series que forman parte da súa creación. Esta versión teatral –adaptada para as persoas con discapacidade- consta de tres partes e terá unha duración total de 75 minutos. A primeira parte, será unha introdución ao autor e aos personaxes. Na segunda parte, levarase a cabo a representación da obra propiamente dita similar a un ensaio íntimo e cercano do traballo dos actores, para rematar, por último, cunha actividade final na que o público asistente participará nunha escena que inclúe música contemporánea e explosións de confeti. Así, a través desta actividade se invita ao público a utilizar o escenario coma ferramenta na formación da seguridade e a autoconfianza.

 

Finalidade

Silencio… Vivimos” é unha obra contemporánea que se basea na vida. E converte a este programa nunha ferramenta cultural única xa que na súa parte final os asistentes aprenderán a abandoar a súa propia persoa para convertirse nun personaxe participando nunha serie de exercicios cos que se pretende incrementar a súa confianza e autonomía ademais de facilitar a comunicación e cooperación dos participantes.

 

O MUSEO DO MAR DE GALICIA PROGRAMA CATRO OBRADOIROS DE VERÁN PARA NENOS NOS MESES DE XULLO E AGOSTO

  • Co título de ‘Xogamos co mar’, o museo propón experiencias que permitirán que os rapaces coñezan diferentes aspectos do mar, dos aparellos de pesca ou dos tipos de embarcacións.
  • A inscrición nestas actividades, que se celebrarán en horario de 10 a 14 horas, pódese facer a través da web http://www.museodomar.com ou no 986 247 691. Leer Más…

O IGVS REALIZARÁ O SORTEO DE 12 VIVENDAS DE PROMOCIÓN PÚBLICA EN ALUGUER NO CASCO VELLO DE VIGO O VINDEIRO XOVES DÍA 30 DE XUÑO

  • Será ás 10.00 horas da mañá no salón de actos da Delegación Territorial da Xunta en Vigo, e poderán asistir todas as persoas que amosaron o seu interese en participar neste sorteo.
  • Realizarase entre as persoas inscritas no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Xunta de Galicia no apartado que corresponde a aluguer de Vivenda de Promoción Pública en núcleos rurais e cascos históricos. Leer Más…

VIGO TRANSFORMA 2011 – VASOS COMUNICANTES – PROGRAMACIÓN DOMINGO 26 Y LUNES 27

SPACIO CONTAINERS. 24 de junio – 2 julio. Praza da Estrela

Intervención artística de los contenedores por varios autores. En el interior uno de los dos contenedores ubicados en la Plaza de la Estrella habrá una exposición bajo el título “Muro público” donde se expondrán distintas fotografías de los murales acabados en la intervención así como obras de los artistas participantes. En el otro contenedor habrá otra exposición que  lleva por título II Totum Revolotum, organizada por Alg-a y la asociación Amalgama,  con obra gráfica de pequeño formato de artistas gallegos. Artistas participantes en la exposición: Kardos Bueu, Santi Zubizarreta, Peri, Doa Ocampo, Lucía García, David MrTheFreak, Elara Elvira, Beatriz Lobo, Berto Fojo, Haz, Natalia Umpierrez Ines Casarejos, M8K8/Miriam Cartagena, BettyBlue, Javier Perez De Lis, Andrés Magán, Tamara de la Fuente, Gloria Alonso y Tayone Leer Más…

festa presentacion II festival internacional Minho Reggae Splash 2011. 8, 9 Xullo.

FESTA PRESENTACION II FESTIVAL INTERNACIONAL

MINHO REGGAE SPLASH 2011

Mercores, 29 de xunio as 22:00
  SALA LA IGUANA CLUB VIGO
Meninos Carentes
Vigo – Reggae Funki
 

FESTA PRESENTACION DO FESTIVAL MINHO REGGAE SPLASH!

Mercores Cuarta Feira 29 Xuño/junho as 22:30h Ingreso Leve! 2€

MENINOS CARENTES
+
ZAMARAMANDI