A OBRA DE TEATRO “SILENCIO… VIVIMOS” DA COMPAÑÍA DE BLANCA MARSILLACH CHEGA AO EDIFICIO DA DELEGACIÓN DA XUNTA EN VIGO

  • O espectáculo, basado nos textos de Adolfo Marsillach, representarase o vindeiro mércores día 29 de xuño ás 20.00 horas no salón de actos da Delegación viguesa.
  • A obra está incluída dentro do programa interactivo de teatro para persoas con dispacidade intelectual, física e sensorial.

Vigo, 25 de xuño de 2011.- O salón de actos da Delegación Territorial da Xunta en Vigo será escenario o vindeiro mércores día 29 de xuño da obra de teatro “Silencio… Vivimos”, unha representación da compañía de Blanca Marsillach e Varela Producións que está incluída dentro do programa interactivo de teatro para persoas con discapacidade intelectual, física e sensorial. Basada nos textos de Adolfo Marsillach, a representación teatral será un espectáculo que xorde pola iniciativa de Blanca Marsillach de difundir os beneficios do teatro a grupos específicos de persoas con discapacidade co obxectivo de ser unha axuda á hora de construír ou reconstruír a autoestima dunha persoa. O proxecto, está financiado pola Consellería de Traballo e Benestar. A Delegación Territorial da Xunta espera a asistencia dos colectivos sociais da cidade xa que, aínda que acudirán coma espectadores, terán algún tipo de protagonismo ao longo da representación, co que non serán meros espectadores do espectáculo teatral. A cita será o vindeiro mércores día 29 de xuño ás 20.00 horas. “Silencio… Vivimos” toma o título da produción homónima que protagonizou Adolfo Marsillach a finais dos anos 60 así coma do contido de case todas as series que forman parte da súa creación. Esta versión teatral –adaptada para as persoas con discapacidade- consta de tres partes e terá unha duración total de 75 minutos. A primeira parte, será unha introdución ao autor e aos personaxes. Na segunda parte, levarase a cabo a representación da obra propiamente dita similar a un ensaio íntimo e cercano do traballo dos actores, para rematar, por último, cunha actividade final na que o público asistente participará nunha escena que inclúe música contemporánea e explosións de confeti. Así, a través desta actividade se invita ao público a utilizar o escenario coma ferramenta na formación da seguridade e a autoconfianza.

 

Finalidade

Silencio… Vivimos” é unha obra contemporánea que se basea na vida. E converte a este programa nunha ferramenta cultural única xa que na súa parte final os asistentes aprenderán a abandoar a súa propia persoa para convertirse nun personaxe participando nunha serie de exercicios cos que se pretende incrementar a súa confianza e autonomía ademais de facilitar a comunicación e cooperación dos participantes.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: