O MUSEO DO MAR DE GALICIA PROGRAMA CATRO OBRADOIROS DE VERÁN PARA NENOS NOS MESES DE XULLO E AGOSTO

  • Co título de ‘Xogamos co mar’, o museo propón experiencias que permitirán que os rapaces coñezan diferentes aspectos do mar, dos aparellos de pesca ou dos tipos de embarcacións.
  • A inscrición nestas actividades, que se celebrarán en horario de 10 a 14 horas, pódese facer a través da web http://www.museodomar.com ou no 986 247 691.

Santiago, 25 de xuño de 2011.- O Museo do Mar de Galicia presentou hoxe a programación dos obradoiros de verán para nenos que se levarán a cabo durante os meses de xullo e agosto. Baixo o nome Xogamos co mar, o museo propón catro experiencias novedosas que permitirán que os rapaces coñezan diferentes aspectos do mar, dos aparellos de pesca ou dos tipos de embarcacións. Estas actividades celebraranse en horario de 10 a 14 horas.

A primeira das iniciativas, tituladas Piratas, monstros mariños e sereas, levarase a cabo do 5 ao 8 de xullo e do 2 ao 5 de agosto. Neste obradoiro, o fío condutor será a literatura. Os libros sobre pesca, animais do mar, a praia, piratas e tesouros, serán algúns dos temas a través dos cales se desenvolverán xogos e actividades. Pola súa banda, o programa Proa ao Museo é un obradoiro de embarcacións no que os rapaces aprenderán tipoloxías de embarcacións, partes dun barco e todo aquilo que precisan para saír a navegar. Esta actividade terá lugar do 12 ao 15 de xullo e do 9 ao 12 de agosto. A terceira das propostas do Museo do Mar de Galicia é Explora no medio mariño, un taller sobre biodiversidade e ecosistemas costeiros. O rapaces serán naturalistas, investigadores, científicos e experimentarán por eles mesmos os misterios do medio mariño. Este programa desenvolverase entre o 19 e o 22 de xullo e entre o 17 e o 19 de agosto. A última das actividades leva por título Redes, nasas e anzois e terá lugar entre o 26 e o 29 de xullo e do 23 ao 26 de agosto. Nela, os nenos aprenderán técnicas empregadas polos mariñeiros tanto na pesca artesanal coma na industrial.

 

O Museo do Mar recomenda que os nenos que participen nestas actividades leven traxe de baño, gorro, protector solar e a merenda para media mañá. Ademais, os pais poden solicitar o servizo Madruga, que se estende desde as oito da mañá ás tres da tarde e que permite que os rapaces leven a comida para almorzar no museo. O obradoiro con servizo Madruga custa 25 euros por semana para socios e 40 euros para os que non o sexan. Se se opta só polo obradoiro, o prezo é de 15 euros para socios e de 25 para os que non estean afiliados. As inscricións pódense facer a través da web www.museodomar.com ou chamando ao teléfono 982 247 691.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: