GALICIA AVANZA NOS PREPARATIVOS DO XIV CONGRESO ESTATAL DE VOLUNTARIADO QUE TERÁ LUGAR NA CORUÑA OS DÍAS 22, 23 E 24 DE NOVEMBRO

  • O responsable autonómico de Xuventude, Ovidio Rodeiro, reuniuse hoxe co director xeral de Política Social do Goberno Central, Juan Carlos Mato, para iniciar a constitución do comité científico do Congreso
  • Estado e Xunta analizaron os principais contidos do evento que se celebrará baixo o lema ‘Camiños de Solidariedade’
  • A páxina web da iniciativa, www.caminosdasolidariedade.com, xa está en marcha e será a canle para inscribirse a partir de outono

Santiago, 27 de xuño de 2011.- A Xunta de Galicia sigue a avanzar nos preparativos necesarios para que Galicia acolla este ano o XIV Congreso Estatal de Voluntariado que se celebrará na Coruña os días 22, 23 e 24 de novembro baixo o lema “Camiños de Solidariedade”. O director xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro, reuniuse hoxe co director xeral de Política Social do Goberno Central, Juan Carlos Mato, e o presidente da plataforma Estatal de Voluntariado, Luciano Poyato, para ultimar a programación da iniciativa, que forma parte da programación específica que desenvolverá a Administración autonómica con motivo do Ano Europeo do Voluntariado. Con respecto aos contidos do evento, a Xunta está a piques de pechar a programación oficial. Rodeiro avanzou, neste senso, que o Congreso contará coa asistencia de personalidades da Unión Europea e de entidades de voluntariado de varios países europeos, así como detallou que se celebrarán diversas mesas redondas e haberá un apartado de colaboración e boas prácticas para as entidades participantes.

 

A este décimo cuarto Congreso estatal de Voluntariado, que non se celebra en Galicia desde o ano 2000, asistirán entidades de acción voluntaria e administracións de toda España, así como tamén unha representación de responsables de diferentes proxectos de ámbito europeo. Rodeiro destacou a relevancia deste evento resaltando, ao respecto, que “conta co apoio explícito, ano a ano, dos Príncipes de Asturias”. Para a organización do Congreso e a elaboración do programa creouse un comité de expertos formado por personalidades do ámbito do voluntariado que, ademais, desenvolverán cando remate o evento un informe de resultados e conclusións. Ademais da programación oficial, desenvolveranse actividades complementarias de ocio como a proxeccións de filmes que achegará a oficina do Parlamento Europeo. Por último, o director xeral de Xuventude destacou que a páxina web do Congreso, www.caminosdasolidariedade.com, xa está en funcionamento e apuntou que este será o canle para as inscricións a partir de outono

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: