MD conmemora o seu décimo aniversario co programa máis ambicioso da súa historia

  • Os mellores especialistas en animación, efectos especiais e videoxogos, en Galicia

  • Entre as novidades, o evento vai enfrontar nun foro a empresas e centros educativos

  • Unha empresa galega en colaboración coa UDC, entre os finalistas dos 3DAwards

  • O festival vai mostrar en primicia adiantos das vindeiras estreas, locais e internacionais

  • MD2011 está patrocinado pola Xunta, o Concello da Coruña, a UDC e Novacaixagalicia

27.06.2011. Mundos Dixitais, o Festival Internacional de Animación, Efectos Especiais, Videoxogos e Arquitectura Dixital, vai conmemorar o seu décimo aniversario entre os días 6 e 9 de xullo con máis de 400 participantes reunidos na Coruña. O evento, que se consolidou neste dez anos como unha das referencias internacionais do sector, presentárono esta mañá en rolda de prensa Carlos Negreira, alcalde da Coruña, Alfonso Cabaleiro, secretario xeral de Medios da Xunta de Galicia, José María Barja, reitor da Universidade da Coruña, Teresa Porto, directora da Fundación Caixa Galicia, e Manuel Meijide, director do festival.Só co apoio destas institucións poderiamos alcanzar este aniversario con tan boa saúde”, asegurou Meijide. “Debemos estarmos orgullosos, porque entre todos conseguimos que Mundos Digitales e que Galicia sexan líderes nun dos sectores máis avanzados”, engadiu, “e nun momento crítico no que a innovación, a tecnoloxía e o emprego de calidade son vitais para resolver moitos dos desafíos aos que nos enfrontamos”. Durante os catro días que dura o encontro poderanse ver na Coruña os últimos avances en campos como a arquitectura dixital, o cinema de animación, os videoxogos e os efectos especiais, cun programa “intenso, case extenuante”, segundo Meijide, que logrou atraer un ano máis aos profesionais máis brillantes de cada campo. A primeira xornada, o mércores día 6, acolle unha das principais novidades respecto de edicións anteriores, o Foro Mundos Dixitais, un encontro que enfrontará a executivos de empresas destacadas do sector cos directores das mellores escolas europeas. “Cremos”, sinalou Meijide, “que é unha fórmula óptima para que os centros educativos saiban que necesitamos hoxe as empresas, nun sector no que se está a demandar constantemente emprego de altísima cualificación, e no que Galicia podería ser unha potencia”, insistiu. Unha das imaxes que aspiran ao máximo galardón dos 3DAwards, realizada por un equipo da Bartlett School of Architecture foro completa unha parte do programa paralela ás conferencias que se arrincou en edicións anteriores e o seu éxito constatouse ano tras ano: as sesións de recrutamento, un lugar de encontro entre profesionais e empresas que en edicións anteriores conseguiu cerrar a contratación de numerosos candidatos e que este ano se ha realizar en sesións matinais diarias. No que se refire á sección principal do evento, as conferencias, o programa ha comezar o mércores cunha axenda dedicada de forma íntegra, como cada ano, aos últimos avances en arquitectura dixital e tecnoloxía aplicada á creación de espazos virtuais. A intensa xornada inaugural vai rematar coa entrega dos 3DAwards, os premios internacionais máis importantes desta disciplina á que aspira como finalista, por segunda vez na súa historia, un proxecto español, o presentado polo Grupo de Visualización Avanzada VideaLAB en colaboración coa compañía coruñesa Ilux Visual Technologies. Na axenda prevista para o xoves, igualmente densa pero centrada no cinema e a animación, destacan as presentacións de tres empresas galegas: Moonbite Games, outra spin off de éxito da Universidade de Santiago de Compostela, Perro Verde Films (que mostrará un adianto de ‘Arrugas’, a longametraxe de animación en 2D sobre o cómic de Paco Roca do mesmo nome que levou o Premio Nacional de Cómic en 2008) e Otiiplanet (que ha amosar en primicia fragmentos de ‘Rascayú’, a ambiciosa serie de animación na que actualmente traballa Juan Nouche). Ao día seguinte, os participantes han gozar dun programa ordenado en dous grandes capítulos: pola mañá, unha sesión intensiva dedicada aos últimos avances no campo publicidade e, pola tarde, dúas das conferencias máis esperadas, a do supervisor de efectos especiais de ‘Origen’, a película gañadora do último Oscar outorgado nesta categoría, e a de Eric Roth, un dos gurús do sector que ha falar sobre ‘Efectos visuais: o novo centro da industria do entretemento’. Coma nas edicións anteriores, esta xornada vai rematar coa proxección no Teatro Colón Novacaixagalicia (aberta a todo o público que queira asistir) do ‘Electronic Theater’, unha selección dos mellores traballos da industria que ha ser precedida, nesta ocasión, por unha conferencia maxistral de Peter Plantec, quen falará de ‘Pioneiros dixitais en Mundos Dixitais’.

O festival ha rematar o sábado sen perder intensidade. O programa para este día inclúe as presentacións dos responsables de efectos especiais das películas ‘Tron’ e ‘Cars 2’ (tan só dous días despois da estrea da última superprodución de Disney en España), unha mesa redonda sobre a saúde do sector en España e mais a entrega do premio especial do festival ao co fundador de Pixar, Alvy Ray Smith, que ha chegar a España para falar da aventura empresarial con máis éxito da historia da animación.

Astrid Busser, do estudo londiniense Double Negative, supervisou todos os efectos visuais ‘Origen’, o espectacular filme protagonizado por Leonardo DiCaprio. Vai estar en MD o venres, día 8 de xullo. © Warner Bros Entertaiment

 

 

 

Mundos Digitales 2011 vai rematar o sábado, día 9 de xullo, coa tradicional cerimonia de entrega de premios do Festival Internacional de Animación, “un festival dentro do festival”, segundo Meijide, que cada ano reúne as mellores curtametraxes de animación de todo o planeta.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: