Noticias Ayuntamiento de Vigo 27-06-11


Vigo cederá auga a Baiona e Caballero reclama á Xunta unha conexión do Verdugo ao encoro de Eiras

O alcalde de Vigo garantiu este luns abastecemento de auga para Baiona ao seu homólogo, Jesús Vázquez Alumuiña, cesión que estudará cos técnicos nos próximos dous días. Caballero indicou que a situación actual dos encoros de Vigo -suficiente para o verán- é das peores dos últimos dez anos, polo que reclamou á Xunta de Galicia que constrúa un empalme desde o río Verdugo ata Eiras, por “responsabilidade” e prevendo un outono seco.

 


Caballero salienta que o Concello concede este ano 510 bolsas para estudantes de inglés no estranxeiro

A Xunta de Goberno Local do pasado venres aprobou a modificación do contrato para ampliar o número de prazas dos estudantes de 3º da ESO, chegando ás 290 bolsas, máis as 150 destinadas aos centros concertados. O alcalde recordou que a Escola Oficial de Idiomas recibe outras 70 axudas para estudar idiomas no estranxeiro, totalizando en 2011 510 bolsas de inglés, cun investimento superior a 1,1 millóns de euros.

 


O alcalde ratificou a súa “vontade firme” de “cooperar o máximo” cos sindicatos neste mandato

Abel Caballero e os secretarios comarcais de CC.OO., UGT e CIG mantiveron este luns unha primeira “toma de contacto” co gallo do novo goberno local, tras a que o alcalde ratificou a intención municipal de traballar cos sindicatos particularmente nos programas de xeración de emprego, na política social e na obra pública do Concello. Caballero concedeuse un mes para estudar como plasmar a colaboración nestas áreas.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: