O BNG insta ao Alcalde da Guarda a deixar o vitimismo co tema das dedicacións do concello

O BNG presentou unha proposta razoábel, responsábel e acorde á situación actual de crise económica”

 

A Guarda, 27 xuño 11. O Bloque Nacionalista Galego insta ao Alcalde da Guarda, J.M. Freitas, a abandonar a actitude de vitimismo diante da proposta do BNG de recortar o 20% nas dedicacións do Concello. Nas conversas mantidas co PSOE, o BNG propuxo un recorte na cantidade global de cartos en dedicacións, pasando de 120.000 € a 96.000 €. O BNG entende que a distribución destes cartos, tanto en dedicacións exclusivas como parciais, é unha responsabilidade do propio grupo de goberno. Dende a formación nacionalista “nunca” se propuxo o recorte de ningún soldo en concreto, co cal non se entende a actitude do Alcalde sobre o seu soldo.

O BNG presentou unha proposta razoábel, responsábel e acorde á situación actual de crise económica. Esta proposta é coherente co discurso que o BNG leva mantido na pasada lexislatura, onde foi moi crítico coa última dedicación parcial, aprobada uns meses máis tarde, e coas asignacións existentes. Algo que o BNG puxo de manifesto nas reunións co PSOE. O BNG non coñece máis proposta do Alcalde que a de 120.000 €, co cal, nunca tivo a intención de negociar cifra algunha, soamente que a formación nacionalista asentise á súa proposta; asemade, o BNG non está disposto a mercadear con este tema. Se nos fixamos nas retribucións da contorna e comparamos, hai que sinalar que o Concello de Tomiño fixo un recorte en adicacións dun 30%. O BNG na Guarda propón un recorte do 20%. A formación nacionalista considera que coa proposta que puxo enriba da mesa garántese a gobernabilidade do concello e a asignación de soldos dignos para os políticos. A pretensión do Alcalde e do PSOE de culpar ao BNG de intentar lograr o desgoberno municipal, non deixa de ser máis que unha cortina de fume para presionar ao BNG e non aceptar a proposta nacionalista. Tal responsabilidade será,en todo caso, de quen ten a Alcaldía, o PSOE. A formación nacionalista lémbralle ao Alcalde que o 22 de maio o pobo da Guarda deixou claro que desexaba un cambio. “Animamos ao PSOE a facer unha reflexión sobre a actual situación política, abandonar a actitude de vitimismo e poñerse a traballar ante o panorama tan complicado no que vivimos“, comentou Xan Lois Lomba,  portavoz municipal do BNG. O BNG non vai entrar nunha guerra de cifras que non beneficia a ninguén. O BNG entende que se debe valorar o traballo político cuns soldos dignos, pero isto non debe ser incompatíbel cunha actitude de responsabilidade e de exemplo na actual situación económica.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: