O SINDICATO DE XORNALISTAS CRITICA OS 19 DESPEDIMENTOS IMPROCENDENTES NO GALICIA HOXE

50 xornalistas de medios en galego perderon o seu traballo en menos dun ano ante a total pasividade das administracións

Santiago, 27 de Xuño de 2011.- O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) critica os despedimentos improcedentes que Editorial Compostela comunicou por sorpresa hoxe a 19 traballadores. Tras máis de medio ano soportando unha redución de xornada e un aumento da carga de traballo, a editora do Galicia Hoxe desfaise de todos os redactores e correctores do único diario de pago en galego. Os servizos xurídicos do SXG avaliarán se as razóns económicas esgrimidas pola empresa (editora rtm de El Correo Gallego, Radio Obradoiro e Correo Televisión) son reais. Os únicos que se salvan, como acostuma a suceder nestas situacións, son director e subdirector. Dáse así a circunstancia que, de ser certos os motivos económicos para os despedimentos, só conservarán o posto os profesionais con máis responsabilidade na marcha do xornal

Unidade de acción na resposta

Nesta difícil situación, o SXG fai un chamamento ao diálogo e á unidade de acción aos sindicatos presentes no Comité de Empresa de Editorial Compostela.

O Sindicato de Xornalistas de Galicia critica tamén a total pasividade da Xunta de Galicia mentres morren un tras outro os medios en galego. Cómpre lembrar que hai uns seis meses a Consellería de Traballo aprobáballe á esta editora un Expediente de Regulación de Emprego (ERE). Grazas ao ERE, Galicia Hoxe puido obrigar aos traballadores a asumir aínda máis carga de traballo mentres lle reducía un 25% o soldo e a xornada laboral.

Quen se beneficia desta sangría?

En menos dun ano perderon o seu posto de traballo unhas 50 persoas que traballan en medios en galego. Pecharon Vieiros, A Nosa Terra en papel, A Peneira, Gznación e agora o Galicia Hoxe. Mentres tanto, a Xunta adicouse a repartir a dedo millonarias subvencións a outros medios. O SXG insiste en que se as empresas xornalísticas necesitan axudas, estas deben ser concedidas como se fai en calquera outro sector, mediante concurso obxectivo e público no DOG. Ademais, como aprobou por unanimidade o Parlamento de Galicia, as subvencións aos medios deben estar condicionadas a creación de emprego estable e ao uso real e sen discriminacións da lingua propia. O SXG apela á responsabilidade das administracións para que fagan efectivo dunha vez o acordo unánime do Parlamento. O resultado de non aplicalo están a vista de todos.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: