Archivo | junio 27, 2011

JAVIER GUERRA SALIENTA “O CRECEMENTO EMPRESARIAL COMO UNHA ESTRATEXIA IRRENUNCIABLE” NO BALANCE DO PLAN MEDRA

  • O conselleiro de Economía e Industria inaugurou a xornada de balance do proxecto piloto Medra
  • O Medra é un programa de formación e acción para a mellora competitiva das pemes galegas que terá continuidade no 2011
  • O conselleiro destacou “o alto grao de implicación e compromiso dos participantes”
  • Nesta iniciativa participaron 15 empresas, de diferentes sectores, representadas por 51 directivos
  • Dos 15 auto-diagnósticos realizados definíronse 15 proxectos de futuro cunha media de 8 plans de mellora por cada empresa Leer Más…

A DELEGACIÓN TERRITORIAL DA XUNTA EN VIGO XA CONTA CUN SERVIZO DE VIDEOINTERPRETACIÓN PARA PERSOAS XORDAS NO REXISTRO XERAL

  • Tras implantarse no Rexistro Xeral de San Caetano, agora tócalle o turno ás delegacións territoriais da Xunta, sendo a zona de Rexistro e Información do edificio de Vigo a primeira en poñelo en funcionamento
  • Esta prestación é unha das achegas tecnolóxicas ao Plan de Acción Integral para as Persoas con Discapacidade de Galicia 2010-2013 que está a implantar a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica
  • É unha iniciativa pioneira en España que está a impulsar a Confederación Estatal de Persoas Sordas para eliminar as barreiras de comunicación entre persoas xordas e persoas oíntes
  • Con este novo sistema de videointerpretación poderanse ver beneficiadas máis de 2.500 persoas con discapacidade auditiva da cidade de Vigo Leer Más…

ALLYSPRINT DE TIERRA LAS VENTAS DE ALBARES

Abandono de los Giadás por avería

Los hermanos Giadás se desplazaban el pasado sábado a la localidad leonesa de Las Ventas de Albares, próxima a Bembibre, para disputar una prueba sobre tierra con el Ford Fiesta que utilizaban en la modalidad de autocross. El tramo era de 8 km y había que realizar cuatro pasadas, dos en cada sentido. En la primera de ellas un trompo les retrasaba, aunque el tiempo marcado no era malo entre la veintena de equipos que acudían. Sin embargo en el tercer paso por la especial una ligera salida provocaba la rotura de un palier, por lo que Alberto y Ramiro Giadás tenían que abandonar. A pesar de ello la experiencia resultó positiva, por lo que no descartan volver a otra carrera sobre tierra del certamen castellano-leonés. Ahora el objetivo del Giadás Racing Team se centrará de nuevo en el asfalto, aunque la anulación del Rallysprint del Morredero ha provocado un cambio de planes, por lo que podrían estar con el Citroën Saxo VTS en el Rallye de Igüeña (León) el próximo 16 de julio.

ÉXITO DEL SPOL NOVACAIXAGALICIA JUNIOR EN TIERRAS DEL CID CAMPEADOR

La primera de las dos pruebas que suman para el díptico de Aguilar de Campos, la ganó el ciclistas Porriñes en una dura lucha con un nutrido pelotón al que controlaron sus compañeros de equipo del novacaixagalicia Junior Una fuga tempranera de 6 unidades se mantuvo hasta el final en la que solo 3 de ellos llegarían por delante a la línea de meta. La fuga en la que Jacobo se midió incluso a un experto escalador colombiano, dejo al ciclista de porriño líder de la montaña y de las metas volantes al ganarle a los dos que aguantaron el fuerte ritmo del pupilo de Horacio Barros. Sus compañeros de equipo Angel Sanchez e Ivan Losada terminaron 10 y 11º, en la general de una carrera en la que predomino el calor y el fuerte ritmo desde el mismo inicio de la prueba.

El spol en el campeonato de España de Ciclismo

4 ciclistas del Novacaixagalicia participan este fin de semana en el Campeonato de España que se disputa en Castellón. La fémina Marina Girona, el Sub-23 Raul Medin, y Alberto Nácete, junto a David Carrillo forman el cuarteto de ciclistas que representa los colores del NCG en la mallot cita del ciclismo Nacional que es te año se traslada a las calurosas tierras de levante

 

BOP locais comerciais CVV

  • A partir de hoxe os interesados teñen un prazo de 30 días hábiles para entregar a súa proposta de negocio e a documentación necesaria na oficina do CCVV, situada na Praza de Princesa, número 7, co que o prazo de presentación de solicitudes remata o día 2 de agosto.
  • Os locais comerciais adxudicaranse mediante un concurso no que o criterio de selección será por puntuación, valorando 3 aspectos: 1) os plans de empresa; 2) o perfil dos e das solicitantes outorgando maior puntuación ás persoas que estean desempregadas ou aos que creen maior número de empregos, e prevalencendo –en caso de empate- os proxectos liderados por mulleres e, por último, 3) a proposta económica.
  • Reactivaranse o comercio en 4 rúas e dos 11 locais, 5 están situados nos baixos dos números 11, 18-20 e 20-24 da rúa Abeleira Menéndez; outros 2 están na rúa Cruz Verde, 5; 2 máis en Santiago 11-13-15-17; outro na rúa Santiago, 19; e o último na rúa Real, 25.

 

Vigo, 27 de xuño.- O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica hoxe as bases do concurso para poder alugar os primeiros 11 locais comerciais rehabilitados polo Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), iniciativa que permitirá dinamizar a economía do barrio histórico con novos proxectos emprendedores en catro rúas principais do barrio histórico. A partir de hoxe os interesados terán 30 días hábiles para entregar a súa proposta de negocio e a documentación necesaria na oficina do organismo, situado na Praza da Princesa, número 7. O prazo de solicitudes remata o día 2 de agosto. O anuncio pode verse na páxina do CCVV www.consorciocascovellovigo.org Leer Más…

MAR PUBLICA A ORDE DE AXUDAS QUE PERMITIRÁ SUBVENCIONAR ATA O 25% DA PÓLIZA DO SEGURO MARÍTIMO OBRIGATORIO E A DE ACCIDENTES DOS MARISCADORES A PÉ

  • A póliza de seguro de responsabilidade civil debe ofrecer polo menos 1 millón de euros de cobertura para as embarcacións con tripulación que non superen as cinco persoas e 25 millóns de euros para as que superen ese número
  • A póliza de accidentes de mariscadores de a pé deberá cubrir un mínimo de 18.000 euros no caso de falecemento Leer Más…

Dorado eloxia que a Xunta dote de voz propia e protagonismo ós Consellos Locais de Xuventude

  • Despois de defender en reiteradas ocasións a importancia dos Consellos Locais de Xuventude, o presidente de NNXX agradece á Xunta de Galicia que lles outorgue a importancia merecida.

Santiago de Compostela 28 de Xullo de 2011.- Na mañá do pasado sábado, celebrouse na cidade de Lugo o congreso local de Novas Xeracións onde foi proclamado novo presidente Jacobo Da Silva, que substituirá no cargo a Cristina López Rois, ó fronte da xestora local ata o día de onte. No acto celebrado na cidade amurallada, estiveron presentes moitos membros do Partido Popular coma o presidente provincial, Xosé Manuel Barreiro, o presidente Local, Jaime Castiñeira, así coma tamén o Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez. Non faltou a presencia de importantes membros de Novas Xeracións que se achegaron a cidade de Lugo para arroupar ó seu compañeiro, entre os que estiveron, o Presidente Autonómico e Secretario Nacional, Javier Dorado, o Secretario Autonómico, Juan Francisco López Prieto, ou tamén o Presidente Provincial de Novas Xeracións de Lugo, Daniel Vega. Na súa intervención, Javier Dorado recordou ós 112 membr@s de Novas Xeracións de Galicia, que dende as pasadas eleccións locais asumen a responsabilidade de exercer coma concelleir@s nas súas localidades, mozos e mozas que deben entender a política como unha mestura entre “paixón e racionalidade”. Dorado tamén quixo eloxiar que a Xunta de Galicia ofreza ós Consellos Locais de Xuventude a importancia que merecen e que, agora si, teñen a oportunidade real de postularse coma verdadeiros voceiros da mocidade galega. Javier Dorado sempre foi un gran impulsor destes entes locais, que entende coma “os máis achegados á xuventude, a través dos cales, os rapaces e rapazas galeg@s atópanse representados”, e seguirá a procurar que sigan sendo entendidos coma entes primordiais para ós intereses dos máis nov@s, importancia que agora, a Xunta de Galicia lles outorga. Declara tamén a súa ledicia porque os Consellos Locais de Xuventude atópense dunha vez por todas afastados dos intereses políticos e partidarios para que, deste xeito, representen á mocidade dun modo despolitizado. Debido ós recentes acontecementos e movementos sociais acontecidos no noso país, Novas Xeracións de Galicia quere tamén expresar o seu entendimento coa indignación de moit@s moz@s ca actual situación que nos toca vivir. Dende a organización xuvenil popular estarémos moi atentos a súas propostas e revindicacións. E aquelas reivindicacións que entendamos coma realmente necesarias para a xuventude, serán tidas en conta no noso traballo diario.

LUCÍA MOLARES E JOSE ENRIQUE SOTELO REPASARON ESTA MAÑÁ OS ASUNTOS PENDENTES DA XUNTA DE GALICIA CO MUNICIPIO DE CANGAS

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, e o alcalde de Cangas, José Enrique Sotelo, mantiveron esta mañá un primeiro encontro institucional tras a formalización da nova Corporación municipal do municipio cangués Na reunión, Molares e Sotelo puxéronse ao día en todos os asuntos pendentes que a Administración autonómica ten nestes momentos co Concello de Cangas, destacando así que “intentaremos axilizalos na medida do posible”, sinalou a representante da Xunta ao termo da reunión. “Intentaremos que Cangas teña todas aquelas demandas que necesita e que nos últimos anos non se activaron”, engadiu Molares, matizando que os asuntos principais que trataron pasaron polas demandas e melloras relativas a saneamento, abastecemento, temas sociais ou emprego. Leer Más…

Novacaixagalicia realiza a undécima edición da súa escola internacional de xerontoloxía

Pretende mellorar a capacitación profesional na atención aos maiores

Dende o seu inicio participaron 1.500 profesionais e 140 expertos

27.06.2011 Novacaixagalicia vai iniciar o vindeiro luns 4 de xullo a undécima edición da Escola internacional de xerontoloxía co obxectivo primordial de “proporcionarlle aos asistentes unha formación actualizada, transferible e contrastada, así como técnicas de intervención novas que lles sirvan para adecuar o seu desempeño profesional” aos cambios experimentados” “tanto na dinámica do sector coma no perfil dos usuarios e, consecuentemente, nas prácticas empresariais e clínicas” segundo Juan José Castro, responsable do programa de maiores de Novacaixagalicia e director da escola. “A nosa pretensión” engade Castro “é manter o carácter internacional, con experiencias achegadas por expertos de países vangardistas en políticas xeroasistenciais e continuar a ser un punto de referencia obrigado para a actualización e reciclaxe dos profesionais xerontólogos”. Leer Más…

A SITUACIÓN DOS LUMES FORESTAIS EN GALICIA VAISE NORMALIZANDO CON RESPECTO AOS REXISTROS HABITUAIS NUN DÍA DE VERÁN

  • Medio Rural quere enviar unha mensaxe de tranquilidade á sociedade galega e reiterar o seu agradecemento aos efectivos anti incendios da Xunta e o Goberno Central, que fixeron fronte con éxito á difícil situación desta fin de semana
  • Arestora están activos en Galicia –e próximos a seren controlados– catro lumes, sendo os máis importantes por superficie afectada os rexistrados no concello coruñés de Boiro (máis de 200 ha) e no pontevedrés da Cañiza (por riba das 150 ha) Leer Más…